Ola:
O luns 26 (2ºB) e venres 30 (2ºA) faremos o EXAME desta unidade. Será un cuestionario de 21 preguntas de distintos tipos (test verdadeiro-falso, preguntas de escolla múltiple, completar frases...) que se fará na AULA VIRTUAL do CPI de Vedra, cos vosos portátiles de aula.
O tempo para facelo serán 25 minutos, pero se acabades antes dese tempo, poderase facer un segundo intento para tentar acertar as respostas que falledes.
Ademáis, quedará corrixido automáticamente e saberedes a nota no momento.
Para a parte de nomenclatura e formulación química, faremos unha proba en papel máis adiante, cando teñades practicado coas actividades e exercicios e teñades resoltas todas as vosas dúbidas.
O profesor: Xosé Palacio