Skip to Content

EXCURSIÓN FIN DE3 CURSO A ILLA DE CORTEGADA

20/06/2023 10:38
Europe/Madrid

Para rematar o curso temos planeado unha saída para os nenos e nenas de EI e E.Primaria ata a Illa de Cortegada.

Chegaremos a Carril onde estarán educadores ambientais agardando por nós, para levar a cabo  na praia, xogos e dinámicas .  Posteriormente ,por grupos, iremos nunhas pequenas embarcacións ata  o Parque Nacional da Illa de Cortegada, onde comeremos e faremos unha pequena ruta por un dos sendeiros existentes. Nesta visita estudaremos os diferentes ecosistemas tanto mariños como terrestres, así como a evolución da illa no paso do tempo.

A hora de regreso ata o cole está prevista para ás 19:00 horas.



event | by Dr. Radut