6º DE PRIMARIA UD2 XOGOS ALTERNATIVOS
Na segunda unidade didáctica do curso, comezaremos a traballar os xogos e os deportes alternativos. Son xogos de nova creación, con material, moitas veces, diferente ao tradicional e no que aspectos negativos dos xogos ou deportes tradicionais non teñen presenza (estereotipos de xénero, importancia do resultado, non valoración do respecto ás regras e ao xogo limpo, equidade de nenos e nenas nos equipos, etc)
Serviranos esta unidade didáctica para continuar avanzando na mellora do deporte que inventamos o curso pasado, o PAINTBOLEIRO, que resulta tan divertido e motivante a todo o alumnado.
Este ano, introduciremos 2 variantes novas ao xa tradicional xogo e valoraremos a aceptación destas por parte do alumnado.