3º DE PRIMARIA UD2 COORDINACIÓN E EQUILIBRIO
Iniciamos a segunda unidade didáctica deste curso facendo unha valoración global da coordinación dinámica xeral así coma do equilibrio.
En ase aos resultados das avaliacións iniciais, estamos en disposición de afrontar o traballo que tiñamos plantexado, podendo, seguramente, ir máis aló dos obxectivos iniciais.
No tocante á coordinación, imos a centrarnos tanto na coordinación dinámica xeral coma na segmentaria, xa que neste curso se inician os xogos con diferentes implementos e será de grande axuda este traballo previo.
Traballaremos tanto os movementos globais, coma os analíticos, buscando unha mellora na concienciación e coñecemento das diferentes partes do noso corpo, así coma da afirmación definitiva dunha lateralidade que xa teríamos que ter perfectamente acadada.
En canto ao equilibrio, pola súa parte, será traballado o equilibrio estático e en bases de sustentación tanto estables coma inestables. A medida que avancemos as clases, traballeremos tamén equilibrios en movemento, buscando unha mellora global das capacidades perceptivomotrices.