Redes sociais, seguridade, privacidade, identidade dixital,... videoxogos
Redes sociais, internet, seguridade e identidade dixital.
A continuación deixamos algunhas páxinas e recursos relacionados coas redes sociais, normas de uso, boas prácticas, identidade dixital, guías para familias,...
- Navega con rumbo: https://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html
Páxina da Xunta de Galicia (AMTEGA) en colaboración co colexio profesional de enxeñería en informática de Galicia (CPEIG), onde definen pautas a seguir, publican manuais para alumnado, familias e profesorado.
- Identidade dixital: https://eventos-edu.xunta.gal/identidade-dixital
Páxina da Xunta de Galicia onde tentan explicar diferentes conceptos relacionados coa identidade dixital, redes sociais, seguridade,...
- Internet segura for kids: https://www.is4k.es
Internet Segura for Kids (IS4K) é o Centro de Seguridade en Internet para menores de idade en España e ten por obxectivo a promoción do uso seguro e responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os nenos/as e adolescentes. Forma parte dos portais de INCIBE (Instituto Nacional de Seguridade)
- Pantallas Amigas: https://www.pantallasamigas.net
PantallasAmigas nace coa misión da promoción do uso seguro e saudable de Internet e outras TIC, así coma o fomento da ciudadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia. Contan co apoio destas institucións (facer clic aquí).
Deixamos algúns exemplos dos videos que poderás atopar nestas páxinas:
Videoxogos.
Cada vez existe un acceso máis libre a determinadas plataformas e videoxogos. Os xogos online, compartindo espazo e tempo con máis persoas van en aumento. Coñeces como funcionan e o que tes que ter en conta á hora de xogar/deixar xogar a un videoxogo?
Esperemos que che axude esta información:
Ademais desta información estas páxinas informan de aspectos coma o control parental, seguridade,...