Skip to Content

Recibimos a visita do Director internacional do Groupe OEC Lille - Ozanam EPIL Campus (Francia)

 

Na semana do 27 ao 31 de maio de 2024 recibimos a visita de Frédéric Rousselle, director internacional do Groupe OEC Lille - Ozanam EPIL Campus en Francia, no marco da acreditación Erasmus+. Durante a súa estancia en Galicia mantivo reunións con profesorado, persoas coordinadoras e membros do equipo directivo do CPI Plurilingüe O Cruce en Cerceda, pero tivo tamén ocasión de visitar en Santiago de Compostela o Centro autonómico de formación e innovación (CAFI) e o Centro de innovación educativa e dixital CIEDIX).

Agradecemos desde aquí enormemente ás persoas directoras do CAFI e do CIEDIX, Eva e Ángel, e aos seus equipos a súa dispoñibilidade para atendernos e o seu tempo para amosar as múltiples oportunidades que ofrece o sistema educativo en Galicia. Ambas visitas resultaron moi interesantes e inspiradoras para futuras colaboracións internacionais. 

Agradecemos tamén moito a Isabel Ruso, directora do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda que nos convidara e acompañara a visitar o seu centro, o máis antigo da cidade de A Coruña e no que estudaron entre outros Pablo Picasso ou Luisa VillaltaE por suposto agradecemos a Frédéric Rousselle que viñese desde Lille para coñecer a nosa escola e a súa contorna.



story | by Dr. Radut