Skip to Content

Visita experto convidado Erasmus+: Profesor Lukasz Kosowski

 

A pasada semana tivemos o pracer de recibir, no marco do programa de acreditación Erasmus+ KA121 2021/27, a visita do experto convidado  profesor Lukasz Kosowski, nado en Polonia, reside e traballa como formador de profesorado na República Checa. Entre os días 2 e 6 de outubro desenvolvemos con el actividades de formación, observación de aula e reflexión con profesorado do centro de todas as etapas educativas (Infantil, Primaria e ESO).

Kosowski participou tamén en actividades no IES Maximino Romero de Lema (Baio), no CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) e no CFR de A Coruña. Agradecemos moito a Lukasz a súa visita que resultou moi agradable e enriquecedora para todas as persoas participantes nas actividades que organizamos con el. 

Máis información | La Voz de Galicia



story | by Dr. Radut