Na primeira semana de setembro, no marco da acreditación Erasmus+, visitamos o Lycée Polyvalent Ozanam do Groupe OEC en Lille, Francia co que temos previsto facer un intercambio de alumnado neste curso 2024/25. As clases comezaron alí o 3 de setembro, así pois compartimos con eles a volta ás aulas.
Durante a viaxe preparatoria tivemos ocasión de coñecer o centro educativo, a oferta cultural, histórica, artística e científica da súa cidade e visitamos a Casa da Historia Europea en Bruxelas que tamén visitará o alumnado que participe no intercambio. Mantivemos encontros co profesorado para planificar o proxecto conxunto e adicamos algunhas horas a actividades de job shadow.
Con anterioridade, no mes de maio, Frédéric Rousselle (director internacional do Groupe OEC) visitara o noso centro no marco do mesmo proxecto. Estamos moi agradecidos ao noso novo socio internacional pola súa acollida, ilusionados co proxecto e desexando que chegue o momento de recibir e viaxar coas nenas e os nenos.