Skip to Content

Novas

Visita do escritor Gonzalo Navaza ao alumnado de 4º da ESO

O pasado 28 de abril visitou o alumnado de 4º da ESO Gonzalo Navaza (escritor, tradutor, profesor da Universidade de Vigo e especialista en Onomástica) para lles contar como artellou o seu libro de relatos breves Erros e Tánatos, lectura obrigatoria deste terceiro trimestre.

 

Concurso de ortografía: Xa temos gañador!

O noso concurso de ortografía xa ten gañador!

O 23 de abril, coincidindo co Día do libro, sorteouse entre todas as participacións (88) o libro electrónico premio do concurso. O gañador foi Anxo Giráldez, de 5ºB Ed.Primaria, que participou con dous erros atopados.

 

O sorteo foi emitido en directo por videoconferencia segura tras a visualización do vídeo remitido polo Sr. Alcalde de Baiona co motivo do Día do Libro.

Contos para nenos peculiares

A segunda lectura do club de 1º da ESO  foi Contos para nenos peculiares, de Ransom Riggs.

CONTOS PARA NENOS PECULIARES | RANSOM RIGGS | Casa del Libro

Nun mundo ficticio, de imaxinación desbordante, atopamos historias como as que aquí se escriben. Contos nos que podemos facer dúas ou tres lecturas e atopar sempre pormenores fascinantes e imprevistos.
Entre os relatos que máis gustaron, podemos destacar os Caníbales espléndidos, onde xa o título nos deixa entrever as extravagancias que se contan. Máis aló do disparatado que pode ser que unhas persoas coman as outras ou que estas rexeneren os seus membros, atopamos aquí unha vívida metáfora do mundo capitalista en que nos movemos, trampas incluídas.
O tema que trata a historia de A princesa que tiña a lingua bífida, enfócase en como os prexuízos e as intolerancias sobre o diferente poden afastar de nós ás persoas que nos rodean. Aínda así, hai xente que é quen de sobrepoñerse a estas situacións sen caer en malos modos coa súa contorna nin tomar accións de vinganza.
En conclusión, esta obra fornécenos duns coñecementos e valores moi necesarios no noso xeito de interactuar socialmente que nos afastan do egoísmo e o individualismo imperante.

Entre dúas adolescencias

Coas lecturas de 4º da ESO, puidemos achegarnos a dúas adolescencias ben diferentes con Anne, a de Tellas Verdes e Iridium.
En primeiro lugar, de Anne chamounos a atención a súa forma de vida, tan afastada do noso día a día, sen luz nin ducha! Seguir os seus pensamentos foi como subirse a unha montaña rusa de emocións: nun momento dramática e noutro exuberante. Houbo cuestións peculiares sobre a protagonista que nos causaron grande interese, como a súa teima co seu aspecto físico ou o seu costume de falar cos obxectos inanimados. Alegre, intensa e necesitada de encher a gran soidade que sempre sentiu por ser unha nena orfa incomprendida, refuxiouse na literatura, a mesma que empregamos para nos evadir desta pandemia, para se aferrar á cordura, aínda que en ocasións esa súa cordura ten uns límites difusos e resulta excéntrica e excesiva, rozando a loucura.
Por outra parte, en Iridium encontramos un relato breve e descarnado da loita interior que sofre unha rapaza, logo dun accidente que muda por completo a súa vida, para afrontar as consecuencias e procurar de novo o seu lugar cando a súa percepción sobre a vida e as perspectivas de futuro cambian radicalmente. Da obra gustou a forma en que o autor ficcionou a discapacidade, sendo quen de reflectir unha sociedade que adoita deixarse levar polos prexuízos e o vitimismo. Sentímonos moi identificadas e identificados co relato que a protagonista fai do uso das redes sociais, como un mecanismo de desconexión da realidade que permite finxir unha vida feliz sustentada por likes. O final, tan aberto e diferente ó esperado, resultou francamente sorprendente.

FELICIDADE

Queridas familias.

   O vindeiro 20 de marzo, xunto co Equinocio de Primaveira, celebraremos o DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE proclamado pola ONU no ano 2012.

Conmemórase a importancia que ten a FELICIDADE como parte integral do desenvolvemento e benestar de todos os seres humanos, e celébrase tamén a INCLUSIÓN, que todos os gobernos do mundo teñan entre as súas políticas sociais e económicas que exista unha verdadeira equidade e benestar colectivo.

 

  A idea de este día xorde no reino de BUTÁN (Sur de Asia) no que o seu rei, cando tiña 16 anos de idade, crea o concepto de FNB (Felicidade Nacional Bruta) e propono na ONU.

 O FNB é un indicador de nivel de vida e calcúlase coa baremación de nove puntos (benestar Psicolóxico, uso do tempo, vitalidade, cultura, saúde, educación, diversidade medioambiental, nivel de vida e goberno)

 Os obxectivos da ONU para alcanzar a FELICIDADE  son : Erradicar a pobreza, reducir ao mínimo as desigualdades no mundo e coidar e protexer o planeta.

 

Con todo isto xa nos queda claro a importancia da FELICIDADE, asi que ahí vos van uns consellos para alcanzala.

  • Sai a dar paseos e fai deporte
  • Alimenta a túa autoestima, coida a túa saúde, alimentación e imaxe.
  • Agradece, disfruta e vive o presente.
  • Perdoa. Aprender a perdoar aos demáis e a nos mesmos cárganos de positivismo e libéranos de preocupacións innecesarias.

E por suposto, aqui en Baiona temos moreas de sitios de privilexiada beleza  que contribúen  a aumentar a nosa felicidade.

Unha  proposta de actividades para estos días :

  • PASEO POLA SENDA FLUVIAL DE BAREDO

PREME NESTE ENLACE PARA VER O VÍDEO:

 https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo

 

 

  • PON  MÚSICA, CANTA E BAILA:

PREME NESTE ENLACE  PARA ESCOITALA:

https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo

 

 

  • E NON PARES DE REPARTIR SORISOS.

 Bicos e apertas do profesorado de Ed Infantil.

Concurso de ortografía

O equipo de Biblioteca convoca o concurso de ortografía aberto a toda a comunidade educativa.

Se "cazas" un erro ortográfico ou grella en carteis, xornais, etc preséntaos ao concurso do 1 de marzo ao 22 de abril na conserxería do centro. Está en xogo un libro electrónico!

Aquel error gramátical | Desmotivaciones

Esta actividade pretende potenciar o valor da expresión escrita, a posta en valor da lingua, o espírito crítico, a observación, fomentar o correcto uso da lingua,...

Conmemoración do Día da Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e non violencia.

Coas mensaxes do noso alumnado o equipo de biblioteca preparou este vídeo.

O luns 1 de febreiro coñecemos aos gañadores e gañadoras do Certame literario Dolores Agrelo que organiza a ANPA do centro educativo con importante premios en material escolar.

[Lista de gañadores e gañadoras e fotografías nos ficheiros adxuntos]

Apertura da nova biblioteca

Despois de moitos avatares, unha reforma integral, unha mudanza e polo medio unha pandemia mundial, Lentiña volve chea de libros á súa nova casiña, a nosa biblioteca do CPI de Cova Terreña. Despois de moito traballo, os profesores e profesoras xunto co Equipo de Biblioteca quere darvos a BENVIDA a un novo espazo amplo, luminoso e agradable, creado con moito agarimo para todos vós. Aínda que seguimos en construción, desexamos que o gocedes e que poidades sacarlle o máximo partido.

Como é Lentiña, a nova biblioteca?

A nova biblioteca atópase na planta baixa do centro, xusto diante do acceso ao patio norte. Aquí tedes algunhas imaxes do que poderás atopar nela:

A distribución de seccións é a seguinte:

A Clasificación Decimal Universal (CDU)

As bibliotecas de todo o mundo están organizadas segundo a Clasificación Decimal Universal, chamada CDU. Este sistema consiste en en darlle a cada libro unha numeración segundo o tema. Todos os libros coa mesma numeración tratan o mesmo tema e están na mesma sección.

A CDU clasifica todos os libros en categorías numéricas, cuxo primeiro díxito indica a súa temática xeral. Segue a Lentiña no seu percorrido polas CDUs.

Dentro de cada categoría numérica a nosa biblioeca ten as seguintes subcategorías.

Despois do código numérico da sección onde se atopa o libro, na CDU aparecen as tres primeiras letras do apelido do autor, e por último as tres primeiras letras do título, sen contar artigos e preposicións.

Por exemplo:

Se buscamos O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, a súa clasificación será a seguinte:

82-N

RIV

lap

Normas da biblioteca

  1. A duración do empréstito é de 15 días. Poderá ampliarse se o libro non ten demanda.
  2. Podedes reservar un libro.
  3. Na biblioteca deberás estar en silencio.
  4. Prégase non levar ningún tipo de comida nin bebida á biblioteca.
  5. O uso dos libros será sempre coidadoso.
  6. Despois de ler un libro tedes que colocalo no carriño.
  7. Podedes empregar os ordenadores para consultar información, enciclopedias, CD ou DVD. Se escoitas música terás que pedir uns cascos.
  8. NON se empregará internet sen a supervisión do profesor ou encargado da biblioteca.

Protocolo COVID

  • O uso da máscara será obrigatorio para acceder á biblioteca para todo o alumnado, inclusive para Ed.Infantil, como medida hixiénica preventiva, polo posible uso das instalación por diferentes grupos de diferente etapas na mesma xornada lectiva.
  • Será obrigatoria a hixiene de mans con xel hidroalcólico tanto á entrada como á saída da biblioteca.
  • O alumnado desinfectará o seu posto antes e despois do seu uso.
  • O emprego de xogos de mesa queda restrinxido.
  • O alumnado que empregue material común (ordenadores) deberá desinfectalo antes e despois do seu uso.
  • A biblioteca disporá de dous carriños específicos para realizar unha corentena ata o día seguinte de todos os libros utilizados (tanto por consulta na biblioteca como por empréstito).
    • Consulta na biblioteca: o alumnado deixará os libros, periódicos ou revistas consultados no carriño.
    • Empréstito: o profesorado de garda depositará os libros devoltos no carriño para a correspondente corentena ata o día seguinte.
  • Ventilación: a biblioteca permanecerá ventilada de forma permanente mediante unha apertura mínima de 5 cm en ambos os extremos das ventás que dan ao patio.

Agora que liches esta guía, podes amosar o que aprendiches neste cuestionario da aula virtual.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Dende o Equipo de Biblioteca, este curso queremos celebrar o Día do libro tamén dende a casa. Por este motivo, fixemos estes vídeos para animarvos á lectura e para mandarvos moito ánimo.

Un Clic para unha mensaxe do equipo de Biblioteca.

Un Clic para unha "historia de libros"

E un Clic para ver as vosas fotos de Covaquedanacasa cos vosos libros favoritos

Boas lecturas a tod@s.

25-NOV, Punto lila na Biblioteca

O equipo de Biblioteca preparou o "Punto Lila" a disposición de toda a comunidade educativa.

Contra a violencia, Educación. E non hai Educación sen lectura.

Lipdub: "Manteña aos nen@s ao alcance dos libros"

O equipo de Biblioteca, co gallo do Día do Libro, quixo involucrar a todo o alumnado do centro nun lipdub no que facemos un percorrido polo noso centro guiados polas nosas lecturas favoritas.

 

Lipdub: "Deixemos aos nenos ao alcance dos libros"

O equipo de Biblioteca, co gallo do Día do Libro, quiso involucrar a todo o alumnado do centro nun lipdub no que facemos un percorrido polo noso centro guiados polas nosas lecturas favoritas.

 

Apadriñamento Lector 2018/2019

O martes 30 de abril a meteoroloxía permitiunos realizar a actividade de lectura compartida co gallo da celebración do Día do Libro.

Todo o alumnado do centro participou na actividade.

Primeiramene, no patio sur, entergáronse os premios de creación literaria sendo as gañadoras:

  • Itziar Misa da Cuña
  • Celia Durán Muro
  • Ana Cabreira Cedeira

Posteriormente entregouse o premio do Concurso de Ortografía sorteando entre os participantes un e-book que lle correspondeu a Carla Varela Silva.

Finalmente, o alumnado distribuíuse por todo o patio para gozar da lectura compartida.

Día do Libro: Lecturas compartidas

O 23 de abril celebramos o Día do Libro con moitas actividades. Entre elas tivemos Lecturas compartidas onde tomamos o patio, o noso libro, mantiña e coxín e compartimos lectura entre maiores e pequenos.

Unha árbore que crece coa lectura

A nosa biblioteca presenta este curso unha árbore que está a medrar coas lecturas do noso alumnado.

MEMORIA DA BIBLIOTECA PLAMBE

Neste enlace podedes ver fotografías dalgunha das actividades levadas a cabo polo equipo da biblioteca.

 

Conta comigo - Lectura compartida polo Día do Libro

O alumnado realiza unha lectura compartida apadriñando os "maiores" aos "pequenos". Viva a lectura!!

MERENDA NO PARADOR

O martes, 19 de febreiro de 2013, os nenos e nenas gañadores do concurso "MENÚ das cartas" recibiron o seu premio. Por xentileza do Parador de Baiona foron agasallados cunha merenda nas instalacións de dito Parador.    O menú consistiu en minihamburguesas, sanwiches, dulces, froita e non podían faltar as deliciosas gominolas. Estaba todo riquísimo e caimos todos na tentación de comer algo de máis.    Queremos darlle as grazas a dirección e persoal do Parador de Baiona por esta estupenda merenda. Tamén agradecer aos pais e nais do programa "Familias donas de recursos" pola súa orixinalidade e implicación nesta actividade. A tódolos restaurantes da vila que nos deixaron os seus menús queremoslle agradecer a súa colaboración. E por suposto ao profesorado e o alumnado do centro polo seu traballo e interés.   Un saúdo a todos e todas.

Fai CLIC para ver as fotos.

Idade Media

Campeonatos de nadal

Idade Media 2

La Edad Media, Medievo o Medioevo es el período histórico de la civilización occidental comprendido entre el siglo V y el XV. Su comienzo se sitúa convencionalmente en el año 476 con la caída del Imperio romano de Occidente y su fin en 1492 con el descubrimiento de América,[1] o en 1453 con la caída del Imperio bizantino, fecha que tiene la ventaja de coincidir con la invención de la imprenta (Biblia de Gutenberg) y con el fin de la Guerra de los Cien Años.

Distribuir contido


by Dr. Radut