O xoves 21 de decembro pechamos o trimestre coa intervención do Enxeñeiro de Montes e catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela Don Roque Rodríguez Soalleiro no noso centro para informar ao alumnado da ESO sobre a problemática do lume en Galicia.
A través do Programa A Ponte están a levar esta iniciativa a moitos centros da comunidade, ofrecéndose desinteresadamente. Por todo iso, agradecemos a súa colaboración nestas charlas de difusión que tan ben aproveitou o noso alumnado.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer