Novas

Enquisa de uso da Biblioteca

de Iria Chapela -

Co obxectivo de coñecer o uso que o alumnado de Ed. Secundaria realiza da Biblioteca, así como gustos e outros datos de interese, rogamos se cubra o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdzNJUqZeSOt_ZzfdKGHVs5jwr64kWddOy2q6QaSA6lCpJomA/viewform?usp=sf_link 

Novidades en Lentiña's House

de Carla Iglesias Comesaña -

Os sapoconchos máis espelidos da escola volven para presentarnos as novidades da biblioteca: Perrock Holmes, Resuelve el misterio e moito máis!

Mira este vídeo para saber máis: https://youtu.be/gsJ5R0iKVNI

Ademais, tamén se poden consultar as novidades no panel do corredor da biblioteca! Alí atópanse os libros marcados coas cores por idades: vermello (todos os públicos), verde (a partir de 3ºEd. Primaria), amarelo (a partir de 5º de Ed. Primaria) e sen cor (Ed. Secundaria).


Acceso á aula virtual do CPI Cova Terreña

de Carla Iglesias Comesaña -

Recentemente foi actualizada a base de datos de usuarios da aula virtual do noso centro. Se es un usuario novo ou tes problemas para acceder, ten en conta isto:

  • Nome de usuario: nome1.nome2.apelido1apelido2 
  • Ten en conta que os ñ serán n e non se empregan os tiles. Exemplo: María José Fernández Mariño sería maria.jose.fernandezmarino
  • O teu contrasinal para o primeiro acceso é changeme
  • Se xa empregabas a aula virtual o ano pasado, seguramente o teu contrasinal sexa o mesmo que tiñas. Se non podes acceder, proba en primeiro lugar a acceder co contrasinal changeme, e se segues sen poder acceder ponte en contacto con algún profe.

Exposición autores e autoras homenaxeados no día das Letras galegas

de Carla Iglesias Comesaña -

O día 16 de maio inauguramos no noso centro unha exposición sobre os autores e autoras homenaxeados no día das Letras Galegas desde o inicio desta efeméride, ano 1963, até a actualidade realizado polo alumnado de 1º e 2º da ESO.



Concurso: Á caza da gralla

de Carla Iglesias Comesaña -


O 13 de marzo celébrase o Día Mundial Sen Faltas de Ortografía mais a  Brigada Antigrallas Sapoconchil (BAS) considera que un día non chega a nada e, por iso, convoca a II edición do concurso Á caza da gralla ortográfica . Fixádevos ben na vosa contorna, de seguro que atoparedes erros lingüísticos no lugar menos pensado!

https://youtu.be/jrrj5lbM0P4

Para participar no concurso, cómpre enviar un correo coa fotografía a lentinhashouse@gmail.com, achegando:

- Nome da/o participante e curso.

- A fotografía inédita e propia.

       - A gralla encontrada e a súa corrección


Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.
A data límite de entrega é o venres 6 de maio ás 12h do mediodía.
Todas as fotografías recibidas que conteñan unha gralla ortográfica comprobada entrarán na urna que estará exposta en Conserxería. O día 9 de maio celebrarase o sorteo para sabermos quen será o afortunado ou afortunada que levará para a casa un fantástico Ebook. Alén diso, todos os participantes recibirán un pequeno agasallo pola captura dun cazapo lingüístico.
 
Boa e proveitosa caza!


Lentiña, Cova e Terreña precisan axuda para identificar fenómenos meteorolóxicos!

de Carla Iglesias Comesaña -

Disque o tempo anda revirado e tolo de todo... por mor do que os nosos sapoconchos lectores vos piden axuda para que lles axudedes a identificar fenómenos meteorolóxicos mediante unha fotografía e un pareado, en lingua galega, que o explique".

 

  

Aquí vos deixamos as bases deste novo concurso para toda a comunidade educativa:
Para conmemorar o Día Mundial da Meteoroloxía, o 23 de marzo, propoñemos un concurso fotográfico sobre un fenómeno meteorolóxico.

Para participar no concurso, é necesario enviar un correo a meteocova@gmail.com, achegando:

  • Nome da/o participante e curso.
  • A fotografía inédita e propia.
  • Un pareado que acompañe e explique a fotografía (estrofa formada por dous versos que riman) en galego.
Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.
data límite de entrega é o venres 8 de abril ás 12h do mediodía.
Estableceranse 5 categorías de premiados por nivel educativo e unha categoría de profesorado e persoal non docente, podendo quedar deserto algún premio:
  • Infantil
  • Primaria:

    • 1º, 2º e 3º
    • 4º, 5º e 6º
  • Secundaria:
    • 1º e 2º
    • 3º e 4º

entrega de premios será efectuada á volta de Semana Santa.



Entroido no Cova Terreña e novo concurso!

de Carla Iglesias Comesaña -

Entroido larafuzán, comiches a chicha e deixaches o pan e mais un novo concurso da Biblioteca!!!

Entre máscaras, disfraces, bailes e moitas sobremesas soborosas (mmmmm...), deixámosvos unha nova entrega dos nosos sapoconchos máis festeiros, nesta ocasión na compaña de dous novos amigos, a Nanci Tanxugueira e mais Fofinhoo animal de estimação do alumnado de lingua portuguesa do centro.



Quen ousa participar neste reto que vos propoñen Lentiña, Cova e Terreña? Só tedes que adiviñar de que catro personaxes do Entroido tradicional galego van vestidas Lentiña, Cova, Terreña e mais un dos novos amigos, Fofinho.

O xoves 3 de marzo atoparedes a urna en Conserxería para poderdes participar.

Agardamos as vosas respostas, mentres imos rillando marruchos a fartar! 


Conmemoración Día da NON violencia e da PAZ

de Carla Iglesias Comesaña -

Hoxe conmemoramos o Día da NON VIOLENCIA e da PAZ cun vídeo que contén unha performance da canción "Móvete" de Paco Nogueiras. Podedes visualizar a montaxe nos ficheiros adxuntos que acompañan a esta publicación.

Desexamos que pasedes un día pacífico e harmonioso e que gocedes desta pequena contribución que preparou o equipo da Biblioteca.

E como canta John Lennon "Imagine all the people living life in peace"

    

Chega o Nadal á nosa biblioteca e visítanos o Apalparuga

de Carla Iglesias Comesaña -

Coa chegada do Nadal, os nosos sapoconchos lectores reciben unha visita moi especial: o Apalparuga!

Lentiña, Cova, Terreña e todo o equipo da Biblioteca desexámosvos un bo Nadal!

  

  

Concurso nome da biblioteca

de Carla Iglesias Comesaña -

Bo día a todos e todas,

equipo de biblioteca anímavos a participar no concurso para poñerlle nome á casa de Lentiña, Cova e Terreña.

En Conserxería poderedes encontrar as fichas que debedes cubrir para participar e logo depositalas na urna que alí estará situada. Todos os participantes levarán un pequeniño presente por colaborar cos nosos sapoconchos lectores.

data límite para achegar as vosas propostas será o vindeiro 26 de outubro.

Posteriormente, o día 28 de outubro o equipo da biblioteca escollerá 5 das vosas propostas que serán premiadas cun agasallo. E, entre o 28 e o 29 de outubro, abrirase un formulario na Aula Virtual para que toda a comunidade educativa poida votar polo nome gañador.

Animádevos a participar!!



Temas antiguos...