Blogues

Os animais que viven no CPI de Cervantes

Aquí vos deixamos co vídeo que servíu de referencia para a exposición que fixo o alumnado de primaria no IV Congreso Científico da Montaña (O Courel), no curso 2022/23.

 

Solicitude comedor escolar para o curso 23/24

Para solicitar o comedor escolar para o próximo curso, déixovos os seguintes documentos:

-Información xeral

-Como calcular a casiña referente á RENTA

-ANEXO: é o que tedes que presentar na secretaría do centro. Podédelo cubrir e imprimilo ou facelo a man.

 

PRAZO de PRESENTACIÓN: do 1 ó 4 de setembro

Proxecto Mestres gandeiros-A nosa aldea

Moitas grazas ao alumnado do noso cole por amosarnos un pedaciño da súa vida e das súas aldeas, e colaborar co centro no Proxecto Mestres Gandeiros do que formamos parte.

Nós non somos un cole pequeno, nós somos unha familia ben grande.

Querémosvos moito!! Pasade unhas felices vacacións !!!

 

Dramatización radiofónica terrorífica en RADIO CASTAÑA 13:00 HORAS

Hoxe, en Radio Castaña, dramatización en directo por parte do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria!

Escoita o programa a partir das 13:00 horas, hora meiga en Cervantes.

https://zeno.fm/radio/radio-castana-dia-da-radio/

Proxecto Innovagal

Ola amig@s! Aquí vos deixamos un video resumo dalgúns dos proxectos que fixemos e seguimos desenvolvendo durante estos dous últimos anos. Presentámolo ós premios Innovagal a ver se soa a frauta.

Quen queira peixe que molle os pés!

 

Programa ORIENTALINE_Orientación académica e vocacional

Xa tedes á vosa disposición o acceso ao programa Orienta de orientación académica e profesional na súa versión online (Orientaline) para o curso 2022-23. Podedes acceder entrando no “Recuncho de orientación” da aula virtual do CPI de Cervantes, ou dende a páxina web do centro. Alí atoparedes cuestionarios, itinerarios e todo tipo de información sobre as posibilidades académicas e profesionais, bolsas de estudos e calquera outra información que vos poida interesar.

Podedes acceder premendo no link que aparece aquí:

https://www.orientaline.es/?yafxb=08259

Menús comedor escolar

*Menú actualizado no apartado NAIS/PAIS-COMEDOR ESCOLAR

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer