[Actividade recente]

EntusiasMAT

SUMANDO E RESTANDO COA CALCULADORA

Hoxe @s alumn@s de 1ºA tiveron que sumar e restar...coa axuda da calculadora...que é máis doado...

TRABALLANDO CON GRÁFICAS

Nesta unidade @s alumn@s de 1ºA fixeron unha folla-rexistro do tempo atmosférico para recoller información. O encargado do día ten a importante misión de poñer tódolos datos nunha gráfica.

DE ISLA A ISLA - SUMAS E RESTAS

Neste xogo @s alumn@s de 1ºA coa profe Begoña teñen que resolver diferentes operacións (sumas e restas) para poder avanzar. O ganador é o que máis fichas vai logrando ao resolver correctamente as contas.

DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS EN DECENAS E UNIDADES

Os alumnos de 2ºB utilizaron palillos e gomiñas para formar atados de decenas e unidades...mirade o vídeo para ver o ben que contan...

XOGO DEMOSTRACIÓN-APRENDEMOS A USA-LAS MOEDAS

Os alumnos de 2ºA coa profe Alba xogaron e aprenderon moito...mirade o vídeo no documento adxunto para ver o que fixeron.

CONTROL DE SUSTRACIÓNS

Os alumnos de 2ºB tiveron un control que estaba ben controlado...Mirade o vídeo que aparece como adxunto...

Avaliación global da Ud.1

Hoxe tocou facer avaliación nos cursos de 1ºA e 1ºB. Todos concentrados...

SUMANDO COS DADOS...

Os alumnos de 2ºB na sesión de hoxe estiveron sumando con dados...moi divertido!

Distribuir contido