ARCO e Proa +
Papeleiras de reciclaxe
Ó longo destes últimos meses todas as aulas do CPI Cernadas de Castro, dirixidas polos seus titores e titoras, ademais da aula da nosa especialista de Pedagoxía Terapéutica de Primaria emplearonse a fondo en deseñar e construír a súa propia papeleira de reciclaxe. E menudos artistas están feitos! A semana pasada podemos disfrutar dunha exposición que deixou a máis dun coa boca aberta.
Aí vos deixamos unhas fotiños de recordo
Mes de abril. Aula e grupo gañador
Xa temos uns novos gañadores! O grupo de 2º ESO C, de tan só 5 alumnos e alumnas, veñen de ser os gañadores do pasado mes de abril. Nesta ocasión o xurado quixo premiar a estes rapaces e rapazas polo seu tesón e esforzo á hora de mellorar unha das aulas que partía ciunha maior desventaxa respecto ás demais. A súa implicación máis a da súa titora tivo como resultado este ben merecido recoñecemento. Parabéns aos seis!
Aula e grupo gañador. Mes de marzo
Aquí temos os primeiros gañadores do concurso"A nosa aula si que mola", o grupo de 2ºESOA. O xurado considerou que foi o grupo que máis melloras fixo en canto a limpeza, orde, decoración,...Parabéns e grazas aos alumnos e alumnas así como á súa titora pola labor ben feita. Tamén as grazas aos demais grupos pola súa implicación e sorte para o seguinte mes.
Aí vai unha fotiño do grupo e a titora posando na súa aula da que se sinten orgullosos.
A nosa aula si que mola
Este é o título do concurso que se iniciou no mes de marzo no CPI Cernadas de Castro. Mes a mes, o xurado composto pola nosa conserxe María, por un alumno/a de primaria e polo profesor de Educación Plástica, Adolfo, elixen aquela aula que presenta mellor aspecto en canto á orde, limpeza, decoración,...O alumnado gañador recibe un premio, de xeito individual, polo seu traballo, esforzo e contribución á mellora das aulas.
Temos que dicir que o alumnado, dirixido fundamentalmente polos seus titores e titoras,está a realizar un fantástico traballo.
Por outra banda, todo o centro está volcado na procura dunha mellor convivencia. As aulas todas preparan afanosamente a súa papeleira de reciclaxe e tamén unha serie de lemas que consideran fundamentales para a convivencia nun centro educativo.
Para que vos fagades unha idea aí van unhas primeiras fotos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »