Con este xogo de aprendomusica.com seguimos practicando ritmos en tres niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. A ver quen consegue resolver os tres niveis!!! Ánimo!!!
Hoxe celébrase o Día do Piano 2019. Sabedes por que? Pois porque hoxe é o día 88 do ano, o cal coinicide coas 88 teclas do piano. Para festexalo, estes días celébranse por todo o mundo moitos eventos pinanísticos.
Como non se pode saír da casa, clicade na imaxe do piano de cola e poderedes ver como é o proceso de construcción dun piano. Espero que vos guste!
Ánimo!
Aquí vos deixo un enlace á páxina aprendomusica.com para os alumnos/as de 3º curso, que se están iniciando no manexo da frauta doce pero que axiña se convertirán en expertos músicos...
De todos os xeitos, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º curso tamén lle podedes botar unha ollada se o precisades!!!
Con este xogo de aprendomusica.com poderes practicar a colocación das Notas Musicais no pentagrama. A ver quen consegue máis puntuación!!!
Este xogo de aprendomusica.com é unha iniciación á identificación da escala de notas musicais. Debedes de comezar polo nivel máis inferior e ir incrementando a dificultade a medida que vos atopedes seguros! Ánimo a eses futuros músicos!!!
Estes exercicios de aprendomusica.com son de repaso dos contidos máis básicos de Linguaxe Musical, que estudiamos nos temas anteriores. Adiviñaredes as catro preguntas???
RETROJAM, a banda sonora da túa vida. | hai 9 anos 26 semanas |
RECORDANDO AS POSICIÓNS DAS NOTAS NA FRAUTA DOCE | hai 4 anos 30 semanas |
Practicamos a escritura da Clave de Sol | hai 4 anos 30 semanas |
Practicamos a colocación das NOTAS MUSICAIS no pentagrama | hai 4 anos 30 semanas |
INICIACIÓN Á COLOCACIÓN DAS NOTAS MUSICAIS | hai 4 anos 30 semanas |