6ºB |
Coñecedes o fenómeno dos "Booktubers"? Pois xa chegou ao Cernadas! Os Booktubers son lectores insaciables. Gústalles moitísimo ler, devoran libros e máis libros pero, o que tamén lles gusta moito é... falar sobre os libros que len! E como o fan? Pois a través de divertidos vídeos-reseña nos que nos contan o argumento do libro en cuestión, acompañándoo de comentarios, valoracións, datos curiosos e animándonos a desfrutar da súa lectura tanto como eles o fan. Trátase dunha forma moi amena e actual de falar de libros e lectura, un hábito que está tan de moda coma o de gravar vídeos! Se queredes ver aos nosos Booktubers de 5º e 6º en acción, podedes facelo accedendo ao noso Booktube, dentro do espazo Libroland, ou premendo na seguinte imaxe.
|
|||
Na materia de Ciencias da Natureza, os alumnos e alumnas de 6º B, en grupos de traballo, encargáronse de expoñer eles mesmos o que sabían sobre os cinco reinos nos que se clasificamos aos seres vivos. Foi un traballo de investigación e exposición oral no que demostraron os seus coñecementos e tamén as súas habilidades comunicativas, ademais de desenvolver a capacidade de traballo en equipo. Foi moi interesante!
|
|||
O pasado 8 de Marzo o alumnado de 6º de Primaria, 3º e 4º de secundaria xunto co profesorado tivemos a oportunidade de asistir á charla temática AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SERVEN PARA NADA dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos. Nesta ocasión acompañounos Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas da USC, que ademais da súa labor docente e investigadora realiza unha importante labor divulgadora como podemos ver na súa páxina web: http://webspersoais.usc.es/persoais/elena.vazquez.abal/divulgacion/. Neste enlace podemos facernos unha idea da charla que disfrutamos no día da muller traballadora: https://vimeo.com/34773040. O alumnado e profesorado agradecemos á profesora Elena Vázquez Abal todo o que nos trasmitiu nesa sesión: gusto polas matemáticas, valores de superación e actitude positiva ante os retos vitais que nos podemos atopar. Por todo isto foi un gusto tela connosco ofrecéndonos unha fermosa lección matemático-vital. |
|||
Os rapaces de 6ºB fixemos un taller de matemáticas para traballar xiros, traslacións e simetrías. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra, esperamos que vos guste e vos animedes a facelo vós na casa, é moi sinxelo.
|
|||
Hoxe, cinta métrica en man, dispuxémonos a medir algúns dos campos deportivos dos que dispoñemos no ximnasio; baloncesto, volei, badminton … Moita foi a coordinación que precisamos para medir largos e anchos dos distintos campos debuxados no ximnasio por non falar das áreas de tiro de baloncesto, miña nai que traballiños pasamos!
|
|||
Non hai como vivenciar experiencias para ter unha boa aprendizaxe, por iso os rapaces e as rapazas de sexto curso fixemos unha saída ao súper, para ver "in situ" como está o mercado...
Tratando de simular unha situación do máis real, levamos á práctica a aplicación dos "tantos por cento" traballados na aula e estudamos seriamente as ofertas naqueles productos que se atopaban con desconto xa que o presuposto do que dispoñíamos era limitado.
|
|||
|
|||
Para aprender a calcular os perímetros e as áreas de polígonos utilizamos un tangram que fixemos nós mesmos. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »