6ºA

Manipulando rochas e minerais

Hoxe vimos dous mostrarios con rochas e minerais. Pareceunos moi interesantes e estivemos moi atentos as súas características, dende o tacto ata a súa composición.

 

Facemos maquetas

Na clase de Coñecemento estamos estudando as capas da Terra. Para que o tema nos quedase máis claro fixemos unha maqueta da xeosfera

                                                             

Traballo día da paz

Velaquí a nosa pequena aportación para o día da paz.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Reaccións químicas

Hoxe na clase fixemos un explosión brillante, grazas a unha reacción química. Neste caso empregamos como reactivos o bicarbonato de sodio, o vinagre, pupurina e un pouco de colorante. 

O resultado foi espectacular e quedamos alucinados coa reacción.

Velaquí a mostra do noso traballo.

 



Xogamos a definir

Estos días na linguas estamos estudando como definir nomes. Para facelo dun xeito máis divertido fixemos un pasapalabra.

Os pasos que seguimos foron:

- facer grupos.

-  cada grupo tivo un conxunto de letras do abecedario. A partires delas debían esocller nomes aos que definir.

- cada grupo elaborou as súas definicións

- por quendas foron saíndo todos os grupos, mentras uns lían as súas defincións outros debían adiviñalas.

Experimentando coa materia

A semana pasada fixemos varias prácticas de laboratorio onde experimentamos coa materia e a forma de separar as mesturas. O que nos permitiu traballar con distinto material de laboratorio que non empregaramos até o de agora.

Novo trimestre

Comeza un novo trimestre coa área de coñecemento do medio cargada de novidades científicas. Neste caso deixo a ligazón sobre un vídeo moi interesante sobre a densidade.

 

Programación 6º

Distribuir contido