1ºB |
O alumnado de 1ºA e 1ºB estivemos a facer o noso propio acuario. Con area de verdade e cunchas e pedriñas. Pintamos as algas e tamén os peixiños, pulpos, medusas e por suposto cabaliños de mar. Ata semella que nadan e todo!!!! fai doble clic na 1ª foto para ver máis!! |
||||
Pois como xa está chegando o fin de curso, acabamos de dar por rematada a nosa pequena achega aos traballos realizados para o Contrato-Programa. Aquí tedes un pequeno resumo de todo o que realizamos e das entradas que xa fomos deixando ao longo destes días.
|
|||
Por fin... e despois da visita de Alberto, da ida á rotativa d'O Correo Galego, da entrevista á nosa cociñeira e da venda de larpeiradas na nosa tenda MIMOS, obtivemos a nosa recompensa: UN PROGRAMA DE RADIO, onde o noso xornalista favorito, Alberto, nos entrevista a cada un de nós. Escoitade, escoitade....
|
|||
|
|||
Que bo estaba!!! Esta semana a nosa mestra Ana Belén ensinounos a facer un biscoito. E para facelo, primeiro tivemos que preparar a nosa tenda, e ir mercar os ingredientes. Logo mezclalos e ao forno a cocer. Se queredes ver como foi o proceso ide a galeria |
|||
Co motivo da visita que o alumnado de 1ºB fixo ás instalacións de "El Correo Gallego", o pasado sábado 30 de maio saímos no xornal. Aquí vai a foto |
|||
|
|||
Na aula de 1ºB, montamos unha tenda de chuches!!!! Entre todos tivemos que "envasar" as chuches e preparar a presentación da tenda. Colocar a pesa e a caixa dos cartos. O reloxo e a lista de prezos. Logo escollemos aos dependentes e os demais fomos os clientes que mercamos as chuches ata deixar a tenda sen existencias. Con esta actividade traballamos os euros e os céntimos, as horas, o kilo, as decenas... E foi moi divertido!!!! Se clicas na foto poderás ver moitas máis. |
|||