La vie en ... chansons!!
Dende o mes de xaneiro os alumnos e alumnas de francés de 3º de ESO A e B tiveron uns retos moi musicais. Averiguar o máximo posible sobre Stromae, un cantante francés? non! belga, que anda moito de moda e que lles gusta bastante. Xa o ano pasado falamos e traballamos sobre el nas aulas de 2º e 3º, e este ano non iba a ser menos, pero con reto incluído: Atopar información na rede; de modo que nos propuxemos varias cousas:
- Aprender moito sobre Stromae, a súa vida, as súas cancións e o seu modo de compoñer e darse a coñecer
- Mellorar a comprensión lectora en francés (e polo tanto en calquera outra lingua estranxeira ou propia)
- Mellorar a nosa expresión escrita, en francés, galego ou castelán...
- Aprender a movernos pola rede, páxinas web, etc. utilizando tradutores, comparando linguas e facendo deduccións.
- Por suposto, tamén pasalo ben!!
O reto:
Dividíronse os alumnos por parellas ao seu gusto e a cada parella adxudicouselle unha canción de STROMAE cunha serie de preguntas a contestar.
Nos seguintes post veredes o que aconteceu.