Contrato-Programa, CP-INCLÚE, CP-INNOVA
NOVOS RETOS EN EDUCACIÓN INFANTIL: TOCA COIDARSE
O alumnado de 5° de Educación Infantil afrontou o reto de "TOCA COIDARSE",investigando sobre o seu corpo,como coidarse, quen os coida e como e que poden facer para estar ben.
Toda a información queda recollida na revista "Peque saúde".
COAS MANS NA MASA
Atendendo a súa curiosidade, continuaron cun novo reto "COAS MANS NA MASA".
A investigación estivo centrada en coñecer alimentos sans e variados, a roda dos alimentos, a orixe, obtención e conservación.Tamén as normas básicas para cociñar, receitas e a presentación dos pratos.
Como sempre é momento de comer máis froita, puxemos en marcha o "Taller de cociña" para desenvolver a dús creatividade e resaltar o valor da froita na alimentación.
PAREDE MUSICAL CON MATERIAIS DE REFUGALLO
Este curso creouse, para a aula de música de Educación Infantil, unha parede musical a partir de materiais de refugallo.