Xerais do centro
ENTROIDO 2018
Estas son as nosas comparsas do Entroido 2018. Para ver mellor as fotos fai clic na imaxe ou no enlace.
Día da paz
O día da paz ( 30-01) o alumnado realizou un pequeno baile improvisado ca mestra de música. No vídeo aparecen tamén todos os traballos realizados durante a semana adicado a este día.
https://drive.google.com/file/d/1Yp7zXp95CPXUuDWmZAmWgmXxyRL63wrF/view?usp=sharing
APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS
Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria coa colaboración do alumnado de 3º ESO, fixeron a acividade:
“Dendrocronoloxía. Que nos contan as árbores?”
Para esta actividade os alumnos/as utilizan cortes transversais de distintas árbores e fotografías para calcular a idade das árbores e otros aspectos que poden aparecer nas mostras.
Para calcular a idade é preciso coñecer cando foi cortada a árbore e, contando cara ao interior, podémoslle dar a cada serie de aneis (claros e escuros) o seu ano exacto de formación e a idade da árbore.
As series de anchura de aneis permiten a investigación en numerosos campos: son un rexistro do tempo e un arquivo dos acontecementos pasados.
Como os aneis conteñen información de todos os factores ambientais que inflúen na súa formación (auga, temperatura, luz, nutrientes, presenza de outras árbores, incendios, deslizamento de terrenos…), os alumnos e alumnas estudiarán outros aspectos como a existencia de canas antigas, crecemento asimétrico, distinto ritmo de crecemento, cicatrices… indicando a que poden ser debidas.
Bo Nadal!
Video realizado polo alumnado e profesorado do centro para felicitar as festas.
Bo Nadal!! (clicar para ver o vídeo).