Xerais do centro
OUTONO 2018
O outono está a piques de rematar. Aquí vai unha pequena mostra de actividades relacionadas con esta época do ano.
Benvidos a biblioteca!
Este curso, introducimos cambios na biblioteca escolar, non só no equipo de biblioteca, senón no espazo, onde tentaremos encher de libros e actividades para que o alumnado e o resto da comunidade educativa disfrute e traballe alí a gusto. Para comezar o curso, que mellor que un concurso!!
BASES
- De que teño que escribir?
A temática será o Samaín
- Quen pode participar?
• Infantil, primeiro e segundo de Primaria: presentaran un debuxo ou
debuxo con texto corto.
• Primaria, de terceiro a sexto : conto, poesía, redación, con debuxo ou
cómic.
• Secundaria: conto, poesía, texto teatral, ensaio...con ou sen debuxo
• Mestres, persoal do centro, papás, mamás, familiares…. conto, poesía,
texto teatral, ensaio...con ou sen debuxo
- Idioma en que o podo presentar:
Os textos presentados teñen que ser propios non copiados, en galego a
poder ser, pero tamén vale en castelán ou inglés.
- Ten que ter un máximo de páxinas?
O mínimo será medio folio para os pequenos (a partir de terceiro de
primaria) e máximo serán 2 folios. A man.
- Cando teño que entregalo?
Tedes ata o venres 26 de outubro. Nunha caixa que haberá na entrada da
biblioteca.
- Entrega dos premios
O 30 de outubro a biblioteca entregará os premios aos
mellores.
ANIMÁDEVOS!!!!