Xerais do centro
Actividades do centro
O PUNTO II
Vídeo que recolle toda a intervención artística no comedor do CPIP de Castroverde coordinada polos alumnos de Educación Plástica e Audiovisual de 4º de ESO. Tódolos alumnos aportaron o seu punto así como os profesores e personal que traballa no centro. O resultado sirve como portada á revista Sementeira 2019. En próximas datas continuaremos con outras fases da intervención artística das que daremos conta na web do centro.
Música interpretada por Helena Silva Fernández.
INTERVENCIÓN ARTÍSTICA COORDINADA POLOS ALUMNOS DE CUARTO DE ESO
Que é arte? Quen é o artista, o que pensa a obra ou o que a executa? Pode haber máis dun artista por obra? Onde reside o valor dunha obra de arte? Como cambia o espacio e a nós unha obra de arte?
Moitas preguntas e moitas máis respostas que plantea a intervención artística coordinada polos alumnos de 4º da ESO no CPIP Castroverde.
DÍA DAS LETRAS
O 16 de maio alumnas e alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria participamos en diferentes actividades en torno á figura de Antón Fraguas. Neste enlace hai máis fotos do evento.
»
DESEÑO DE MATERIAIS
O alumnado de infantil (4°, 5º e 6º) e de Primaria (2º, 3º e 4º) do CPIP de Castroverde tiveron no día de hoxe unha xornada moi especial. Foron recibidos polos futuros mestres, hoxe alumnos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, que cursan a materia impartida por Carmen Sarceda e Daniel Díaz “Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos”. A actividade realizouse en dúas aulas, a de Plástica e a de Música. Durou unha hora e media, chea de enerxía e emocións duns e doutros a través de máis dunha ducia de actividades observadas polas mestras Milagros Candal, Manuela Pérez, Esther Pérez, Montserrat Vázquez e Inés Gómez.
O próximo luns, na facultade, terá lugar unha xornada de reflexión e posta en común das experiencias tal como foron vividas polos alumnos de ambos centros así como os comentarios de tódolos docentes.
»
PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
O alumnado de Educación Infantil e Primaria participou nunhas sesións para a prevención dos incendios forestais impartidas por gardas forestais e bombeiros da Xunta de Galicia.
»