Dom | ||
---|---|---|
Start: 15/05/2022 13:31
O venres celebramos o día das Letras Galegas. Tivemos a sorte de que Pedro e Andrea da ACDR O´Castro de Miño viñeran a darnos un concerto de música tradicional. Bailamos unha muiñeira, fixemos unha roda, cantamos e puidemos desfrutar da súa arte coa gaita e coa percusión tradicional. Ademais, como cada ano, cada clase creo os seus "Poemiños polas letras" que xa están nos comercios da nosa vila para ser repartidos. Cando rematou o concerto, cada clase compartiu un dos seus Poemiños. Cantos poeta temos polo cole! Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos.
Start: 15/05/2022 23:08
O pasado día 5 de maio o alumnado de 2ºA e de 4ºA que participamos no Proxecto e-Twinning Europeo, fixemos unha andaina polo Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila. Esta andaina foi simultánea xunto cos nosos socios portugueses das Escolas Regio de Portalegre. Cando chegamos a Ponte do Porco fixemos unha videochamada con eles, e cando regresabamos pola Senda dos Sentidos, puidemos conectar outra vez. Foi un día de moitas emocións! A continuación tedes unhas fotos.
|