TITORIA 3ºA. 2024
Información inicio de curso.
2. NORMAS
REUNIÓN DE PRESENTACIÓN COAS FAMILIAS
INFORMACIÓN XERAL SOBRE O GRUPO
-
Nº alumnos/as no grupo.
-
Horario: sobre todo 1º ESO, distinto a primaria. Períodos de 55, 50 e 45 m. e moitos máis profes. Tamén o cambio de profesorado (sobre todo 1º ESO con respecto a Primaria).
-
Promoción/Pendentes:(1º,2º,3ºESO)
a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non sexa superior a dez. Para estes efectos non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre disposición.
c) Que o equipo docente considere que as materias ou os ámbitos con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte.
d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.
e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.
-
•Titulación (4º ESO):
a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirir as competencias establecidas no perfil de saída.
c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa. Para estes efectos, nos criterios de titulación establecidos polos centros docentes non se poderán fixar número nin tipoloxía de materias non superadas.
NORMAS E FUNCIONAMENTO
-
➢Horario atención a familias de cada titor/a. Recordádelles que pode ser, tamén, por vía telemática ou por teléfono. Tamén podemos lembrarlles que como mecanismo de comunicación xeral coas familias vai ser empregada a páxina web do centro e outros sistemas (abalarMobil), “cando proceda”.
-
Preguntar e asegurarse de que as familias coñecen e/ou usan AbalarMóbil. En caso de que haxa un número considerable que non desexa utilizalo, por favor, informádenos en dirección ou xefatura de estudos.
-
Recordar que se hai algo urxente, envíen un correo ao centro. DESCONEXIÓN DIXITAL na fin de semana.
-
-
➢Función dos/as titores/as e o seu papel como medio para transmitir a información sobre o alumno. Moi importante, fomentar que se interesen con asiduidade polo progreso dos fillos/as e insistir no papel mediador entre o equipo docente e a familia. Só tras recibir a información do/a titor/a, a familia debería solicitar unha reunión cun ou cunha outras docente.
-
➢Posibles actuacións ante faltas de conduta:
-
➢Comunicación, mediación, amoestación, parte de incidencias.
-
➢Este ano tampouco contaremos con aula de convivencia.
-
➢Explicarlles a importancia do traballo e as explicacións das clases, de aí que a rutina diaria nas aulas creará o hábito...
-
➢Pode chegar unha incidencia de aula. Neste caso non é un parte de incidencias, simplemente un aviso do profesor ou profesora.
-
➢Saídas e exursións. Se o alumno ou alumna ten un parte de incidencia pode quedar sen participar en saídas ou excursións. Tamén se pode dar que o profesor ou profesora organizador anule a saída. Estas actividades non son obrigatorias polo que poden suspenderse.
-
➢Faltas de asistencia.
-
É obrigatoria a asistencia ás aulas, non se pode faltar sen unha xustificación.
-
O procedemento para a xustificación de falta ao titor/a nun prazo máximo de 3 días. As faltas poden xustificarse por Abalar ou en papel.
-
Importante: as familias deberán achegar sempre un documento (médico, xulgado, administración..) que acredite o motivo da falta de asistencia
-
As indisposicións, só dous días lectivos ao longo de todo o curso.
-
-
Así mesmo, coidar a puntualidade. Tamén hai faltas por esta razón, que cómpre xustificar.
-
Procedemento para ausentarse do centro durante a xornada lectiva: familiar ou responsable ten que cubrir e asinar un xustificante que posteriormente entregará ao titor. É a proba de que o alumno/a abandona o centro acompañado/a por un/unha adulto/a.
En caso de exame: moi importante avisar antes se xa son sabedores de que non van acudir ao centro ese día. Se é debido a indisposición ou imprevisto, informar ao centro a primeira hora (tlf) e tras xustificar a falta, concertar nova data para realizar o exame.
-
Faltas na materia de EF: se non se pode facer EF por enfermidade ten que estar ben xustificado polo médico (duración, os exercicios que se poden facer ou non, etc).
-
Fincapé no uso do móbil: só uso pedagóxico e coa organización e supervisión do profesorado. Recalcar a importancia da supervisión familiar do manexo que fai o alumnado das redes sociais (motivo de conflitos entre oalumnado).
-
A Aula Virtual e Edixgal en NINGÚN CASO son para que o alumnado se envíe mensaxes persoais. Deben coidar o material informática, será o mesmo sempre ao longo da etapa educativa, e serán responsábeis en caso de extravío ou deterioración
-
OUTROS ASPECTOS QUE SE PODEN COMENTAR
-
➢Uso da biblioteca do centro escolar (non está aberta polas tardes). Poderán utilizala en todos os recreos, calquera día da semana.
-
➢Itinerarios lectores: hai exemplares na biblioteca dos libros de lectura obrigatoria, pero deben respectar os prazos do préstamo á hora de devolvelos.
-
➢Saídas e outras actividades complementarias dos departamentos: recibirán información puntual despois de serenaprobadas no Consello Escolar. Este ano poderán recuperarse.
A TER EN CONTA
-
➢Cambio que supón o horario, profesorado, distinta duración das sesións, organización do propio traballo, libro dixital, normas...no alumnado de 1º e no alumnado de recente incorporación.
-
➢En xeral, importante que o alumnado acade o antes posible:
- Organización e autonomía: horario visible en varios lugares en casa, axenda ou caderno de notas, tempo para organizar material, mochila, estudo diario, planificar tarefas a longo prazo (traballos,controis…).
- Traballo e constancia dende o primeiro momento: as tarefas son todas igual de importantes, dende a atención e participación nas clases … até o estudo para exames.
- Manter unha actitude positiva e colaborativa cara á aprendizaxe, cos compañeiros/as e co profesorado.
-
➢É imprescindible que na casa se valore a importancia de aprender, do esforzo e a organización persoal, que non se cuestionen as decisións dos profesores diante deles e contrastar a información proporcionada polos alumnos e que cando teñan algún problema se acuda ao centro e se busquen solucións...
PREGUNTAS DOS PAIS