5. ÓRGANOS S. RESPIRATORIO

5.1. Breathing system

https://www.abpischools.org.uk/topics/breathing-and-asthma/what-is-the-breathing-system-and-why-is-it-so-important/ 

https://www.abpischools.org.uk/topics/breathing-and-asthma/the-breathing-system/

SISTEMA RESPIRATORIO E ASMA

Que é o sistema respiratorio e porque é tan importante?
A respiración celular  ten lugar en todas as células do corpo, proporcionando a enerxía que necesita. O sistema respiratorio intercambia aire ( O2 e CO2 ) dentro e fora do corpo, incorporando o O2 que necesitan as células para a respiración e retirando o CO2 ( lixo/desperdicio ). En enfermidades como asma, o sistema respiratorio non funciona eficientemente polo que se necesita atención médica.

O sistema respiratorio está dentro do tórax. O aire entra nos pulmóns, pasa ó sangue (eritrocitos) e o CO2 pasa do sangue aos pulmóns e exterior por difusión. Este proceso coñécese como intercambio de gases.

Os músculos intercostais e diafragma cambian en volume a caixa torácica o que causa a inspiración e espiración.

ASMA é unha enfermidade que afecta as vias respiratorias o que fai dificil o intercambio de gases dentro e fora dos pulmóns.

Fumar aumenta o risco de moitas enfermidades respiratorias.