SENTIDOS E S. NERVIOSO
2º EXAME 3º ESO 1ª AVALIACIÓN SENTIDOS E HORMONAS
05/02/24 3° NB RECEPTORES
6. TACTO E DOR
O tacto é un sentido que pode captar diferentes estímulos. Os principais son o frío, a calor, a dor e a presión. Cada un destes estímulos é captado por un receptor diferente:
- O corpúsculo de Ruffini é un termorreceptor que detecta a calor e o estiramento da pel.
- O corpúsculo de Krause é un termorreceptor que detecta o frío.
- Os corpúsculos de Meissner e Pacini son mecanorreceptores que detectan a presión. Os primeiros detectan o contacto ou presión suave; os segundos, a presión intensa.
- As terminacións nerviosas libres son nociceptores, é dicir, receptores da dor: captan os estímulos da dor.
Os receptores do tacto están distribuídos por toda a pel, aínda que nalgunhas zonas, como as mans ou a cara, a súa concentración é maior. Estas zonas son máis sensibles.