TITORIA 3ºA. 2024

Sitio: Aula Virtual do CPI Castro Baxoi
Curso: BIOLOXÍA - XEOLOXÍA 3° 2023/24
Libro: TITORIA 3ºA. 2024
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 23 de novembro de 2024, 6:18 AM

Descrición

Información inicio de curso.

1. EVITAR ANXIEDADE

1.1. FESTIVOS CENTRO 4 Nov ou 28 Febr.?

O día 28 de febreiro está pendente de confirmación. En caso de non nolo conceder, quedaría o 4 de novembro.
Ao igual que o ano pasado os boletíns impresos hai que solicitalos en Secretaría xa que as notas se enviarán a través de Abalar.

DÍAS FESTIVOS

2. NORMAS

REUNIÓN DE PRESENTACIÓN COAS FAMILIAS

INFORMACIÓN XERAL SOBRE O GRUPO
  • Nº alumnos/as no grupo. 

  • Horario: sobre todo 1º ESO, distinto a primaria. Períodos de 55, 50 e 45 m. e moitos máis profes. Tamén cambio de profesorado (sobre todo 1º ESO con respecto a Primaria). 

  • Promoción/Pendentes:(1º,2º,3ºESO) 

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco. 

b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non sexa superior a dez. Para estes efectos non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre disposición. 

c) Que o equipo docente considere que as materias ou os ámbitos con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte.

d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.

e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.

  • Titulación (4º ESO): 

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco. 

b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirir as competencias establecidas no perfil de saída. 

c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa. Para estes efectos, nos criterios de titulación establecidos polos centros docentes non se poderán fixar número nin tipoloxía de materias non superadas. 

NORMAS E FUNCIONAMENTO

  • Horario atención a familias de cada titor/aRecordádelles que pode ser, tamén, por vía telemática ou por teléfono. Tamén podemos lembrarlles que como mecanismo de comunicación xeral coas familias vai ser empregada a páxina web do centro e outros sistemas (abalarMobil), “cando proceda”. 

    • Preguntar e asegurarse de que as familias coñecen e/ou usan AbalarMóbil. En caso de que haxa un número considerable que non desexa utilizalo, por favor, informádenos en dirección ou xefatura de estudos. 

    • Recordar que se hai algo urxente, envíen un correo ao centro. DESCONEXIÓN DIXITAL na fin de semana.  

  • Función dos/as titores/as e o seu papel como medio para transmitir a información sobre o alumno.  Moi importante, fomentar que se interesen con asiduidade polo progreso dos fillos/as e insistir no  papel mediador entre o equipo docente e a familia. Só tras recibir a información do/a titor/a, a familia debería solicitar unha reunión cun ou cunha outras docente. 

  • Posibles actuacións ante faltas de conduta 

  • Comunicación, mediación, amoestación, parte de incidencias.  

  • Este ano tampouco contaremos con aula de convivencia. 

  • Explicarlles a importancia do traballo e as explicacións das clases, de aí que a rutina diaria nas aulas creará o hábito... 

  • Pode chegar unha incidencia de aula. Neste caso non é un parte de incidencias, simplemente un aviso do profesor ou profesora. 

  • Saídas e exursións. Se o alumno ou alumna ten un parte de incidencia pode quedar sen participar en saídas ou excursións. Tamén se pode dar que o profesor ou profesora organizador anule a saída. Estas actividades non son obrigatorias polo que poden suspenderse. 

  • Faltas de asistencia. 

    • É obrigatoria a asistencia áaulas, non se pode faltar sen unha xustificación. 

    • O procedemento para a xustificación de falta ao titor/a nun prazo máximo de 3 días. As faltas poden xustificarse por Abalar ou en papel. 

      • Importante: as familias deberán achegar sempre un documento (médico, xulgado, administración..) que acredite o motivo da falta de asistencia 

      • As indisposicións, só dous días lectivos ao longo de todo o curso. 

    • Así mesmo, coidar a puntualidade. Tamén hai faltas por esta razón, que cómpre xustificar. 

    • Procedemento para ausentarse do centro durante a xornada lectiva: familiar ou responsable ten que cubrir e asinar un xustificante que posteriormente entregará ao titor. É a proba de que o alumno/a abandona o centro acompañado/a por un/unha adulto/a. 

      En caso de exame: moi importante avisar antes se xa son sabedores de que non van acudir ao centro ese día. Se é debido a indisposición ou imprevisto, informar ao centro a primeira hora (tlf) e tras xustificar a falta, concertar nova data para realizar o exame.  

    • Faltas na materia de EF: se non se pode facer EF por enfermidade ten que estar ben xustificado polo médico (duración, os exercicios que se poden facer ou non, etc). 

    • Fincapé no uso do móbilsó uso pedagóxico e coa organización e supervisión do profesorado. Recalcar a importancia da supervisión familiar do manexo que fai o alumnado das redes sociais (motivo de conflitos entre oalumnado). 

    • Aula Virtual e Edixgal en NINGÚN CASO son para que o alumnado se envíe mensaxes persoais. Deben coidar o material informática, será o mesmo sempre ao longo da etapa educativa, e serán responsábeis en caso de extravío ou deterioración 

OUTROS ASPECTOS QUE SE PODEN COMENTAR
  • Uso da biblioteca do centro escolar (non está aberta polas tardes). Poden utilizala en todos os recreos, calquera día da semana. 

  • Itinerarios lectores: hai exemplares na biblioteca dos libros de lectura obrigatoria, pero deben respectar os prazos do préstamo á hora de devolvelos. 

  • Saídas e outras actividades complementarias dos departamentos: recibirán información puntual despois de serenaprobadas no Consello Escolar. Este ano poderán recuperarse. 

A TER EN CONTA
  • Cambio que supón o horario, profesorado, distinta duración das sesións, organización do propio traballo, libro dixital, normas...no alumnado de 1º e no alumnado de recente incorporación. 

  • En xeral, importante que o alumnado acade o antes posible: 

Organización e autonomía: horario visible en varios lugares en casa, axenda ou caderno de notas, tempo para organizar material, mochila, estudo diario, planificar tarefas a longo prazo (traballos,controis…).

Traballo e constancia dende o primeiro momento: as tarefas son todas igual de importantes, dende  a atención e participación nas clases … até o estudo para  exames.

Manter unha actitude positiva e colaborativa cara á aprendizaxe, cos compañeiros/as e co profesorado.

  • É imprescindible que na casa se valore a importancia de aprender, do esforzo e a organización persoal, que non se cuestionen as decisións dos profesores diante deles e contrastar a información proporcionada polos alumnos e que cando teñan algún problema se acuda ao centro e se busquen solucións... 

 

PREGUNTAS DOS PAIS

 

3. CALENDARIO/ OUTUBRO

CALENDARIO   SETEMBRO- OUTUBRO

3.1. NOV.

NOVEMBRO

3.2. DECEMBRO

DECEMBRO

3.3. XANEIRO

XANEIRO

3.4. FEFREIRO

FEFREIRO

3.5. MARZO

MARZO

3.6. ABRIL

ABRIL

3.7. MAIO

MAIO

3.8. XUÑO

XUÑO