SENTIDOS E S. NERVIOSO
Sitio: | Aula Virtual do CPI Castro Baxoi |
Curso: | BIOLOXÍA - XEOLOXÍA 3° 2023/24 |
Libro: | SENTIDOS E S. NERVIOSO |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | sábado, 23 de novembro de 2024, 6:01 AM |
Descrición
2º EXAME 3º ESO 1ª AVALIACIÓN SENTIDOS E HORMONAS
05/02/24 3° NB RECEPTORES
1. ESTÍMULOS
2. RECEPTORES SENSORIAIS
2.1. VÍDEO
3. A interpretación dos estímulos
4. Partes ollo/ FUNCIONAMENTO / ENFERMIDADES
https://www.abpischools.org.uk/full-screen-animation/846/843
4.1. ANOMALÍAS DA VISIÓN/ COIDADOS
O ollo pode sufrir diferentes enfermidades e alteracións da visión. Algunhas delas poden ser tratadas con lentes correctivas, é dicir, con lentes ou lentes de contacto. Por exemplo:
- A miopía: é unha deformación do globo ocular que provoca unha dificultade para enfocar os obxectos afastados. Así, a miopía fai que se vexan borrosos os obxectos afastados. Débese a que o ollo é demasiado longo ou a que a córnea está demasiado curvada. A imaxe fórmase diante da retina.
- A hipermetropía: é unha deformación do globo ocular que provoca unha dificultade para enfocar obxectos próximos. A hipermetropía fai que se vexan borrosos os obxectos próximos. Débese a que o ollo é máis curto do normal ou a que a córnea está pouco curvada. A imaxe fórmase detrás da retina.
- O astigmatismo: é unha deformación do globo ocular que provoca que os obxectos se vexan distorsionados. Débese a unha curvatura irregular da córnea.
Ademais das enfermidades que poden corrixirse con lentes, os ollos tamén poden desenvolver outras patoloxías como o glaucoma, que é un aumento da presión intraocular debido a unha mal drenaxe do humor acuoso; as cataratas, que se deben a unha perda da transparencia do cristalino; e a conxuntivite, que consiste nunha inflamación da mucosa que recobre a córnea e o interior das pálpebras, e se debe, polo xeral, a unha infección.
Os ollos son uns órganos moi delicados. Por iso, necesitan uns coidados especiais para funcionar de maneira correcta. Para manter o ollo en perfectas condicións e evitar danos innecesarios, recoméndanse estes consellos:
- Usar lentes de sol homologadas para evitar que os raios ultravioleta solares danen a retina. Unhas lentes de sol inadecuadas poden facer máis dano que non levar lentes.
- Evitar tocar a córnea cos dedos ou fregarse os ollos cando piquen ou exista algunha molestia. É máis adecuado lavalos con abundante auga.
- Non mirar nunca de maneira directa ao sol.
- Non forzar a vista. Hai que ler sempre en condicións de boa iluminación e deixar descansar os ollos cando se estea moito tempo diante dunha pantalla.
4.2. VÍDEO OLLO
6. TACTO E DOR
O tacto é un sentido que pode captar diferentes estímulos. Os principais son o frío, a calor, a dor e a presión. Cada un destes estímulos é captado por un receptor diferente:
- O corpúsculo de Ruffini é un termorreceptor que detecta a calor e o estiramento da pel.
- O corpúsculo de Krause é un termorreceptor que detecta o frío.
- Os corpúsculos de Meissner e Pacini son mecanorreceptores que detectan a presión. Os primeiros detectan o contacto ou presión suave; os segundos, a presión intensa.
- As terminacións nerviosas libres son nociceptores, é dicir, receptores da dor: captan os estímulos da dor.
Os receptores do tacto están distribuídos por toda a pel, aínda que nalgunhas zonas, como as mans ou a cara, a súa concentración é maior. Estas zonas son máis sensibles.
6.1. pel
A pel está formada por tres capas:
- A epiderme é a capa externa e a súa función principal é protexer a pel. Esta capa de tecido epitelial está formada por células que se van renovando e desprendendo de maneira continua. Ademais de protexer a pel, a epiderme tamén evita a perda de humidade ao ser impermeable grazas á queratina, unha proteína presente nas células epidérmicas.
- A derme é a capa intermedia da pel e está formada por tecido conxuntivo. Nela localízanse a maioría dos receptores sensoriais, así como as glándulas sudoríparas e os folículos pilosos.
- A hipoderme é a capa interna da pel e está formada por tecido adiposo. Na hipoderme tamén se sitúan algúns receptores sensoriais.
Os receptores sensoriais atópanse na derme, capa da pel onde tamén se achan as glándulas sudoríparas, así como os folículos pilosos, dos que sae a peluxe.
7. GUSTO
8. OLFATO
9. GUSTO- OLFATO
10. SENTIDO OÍDO
10.1. OÍDO INTERNO
11. SISTEMA NERVIOSO. ENCÉFALO
( NUTRICIÓN E SN )
11.1. COORDINACIÓN NERVIOSA/ VÍDEO
https://youtu.be/ZLaVop5ewKg?si=3YJ_7opsJrZaw9TT
11.3. Alzhéimer
Alzheimer's disease: Expert's hope for treatment by 2040 https://www.bbc.co.uk/news/uk-wales-65166225
11.4. Bipolar
Bipolar artist's work on display in home town of Cardigan https://www.bbc.co.uk/news/uk-wales-65130345
11.5. CODIA CEREBRAL
11.6. SNC/ FUNCIÓN SN
https://www.abpischools.org.uk/full-screen-animation/820/818