Skip to Content

4 Anos

PROXECTO UNIVERSO

Neste segundo trimestre convertirémonos en astronautas e a través do noso cohete chegaremos á vía láctea onde coñeceremos todo o que alí acontece. É o momento de explorar e traballar o UNIVERSO

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O pasado 15 de Xaneiro todas as nenas e nenos de educación infantil, xunto cos nosos amigos de Traba, fumos ata A Coruña aprender novas cousas relacionadas coa arte. Dirixímonos ao museo de Belas artes onde relacionaron os sentidos coa exposición de cadros que alí había. Foi moi divertido!

Ao rematar fumos comer a carón da Torre de Hércules.

FOTOS.

ANIVERSARIOS XANEIRO

O venres 11 festexamos os cumpreanos dos pitiños Ángela Dios e Leo Boán! Son os maiores da nosa clase e xa teñen 5 ANOS

Sopramos as velas, comemos biscoito e gusanitos e pasamos un bo anaco coas familias e amigos! (Pincha na imaxe para ver todas as fotos).

É HORA DE COIDAR OS PITIÑOS NA CASA...

Despois duns días coidando aos nosos pitiños na clase chegou o momento de que marchen para a casa. Tedes que coidalos moito! Podedes ver as fotos aquí.

NACERON OS PITIÑOS!!

A finais de novembro NACERON OS PITIÑOS!! Pinchade na imaxe para poder ver os resultados de tan ansiado proxecto.

                                                                                 

ANIVERSARIO ALBA

O pasado venres 23 estivemos de celebración na aula dos pitiños! Alba estaba de aniversario e festexámolo todos.

Pasámolo en grande!                           

                                            

 

 

SEGUIMOS APRENDENDO...

O noso amigo Roi trouxonos unhas espigas un tanto curiosas...

Pincha para descubrilas...

                                         Imaxe relacionada

AS FAMILIAS COLABORA CO NOSO PROXECTO DE PITIÑOS

O pasado 8 de novembro a mamá e o papá de Alba viñeron facernos unha visita na que nos trouxeron unha galiña e nos explicaron como van a ser os nosos pitiños cando medren.

Démoslle de comer, acariciámola e ata lle intentamos poñer un nome.

Moitas grazas papás de Alba.   

IMOS SER MAMÁS E PAPÁS DE PITIÑOS...

O día 7 comezou o noso proceso de incubación:

Comprobamos a temperatura (37,8ºC) e humidade (45%), miramos o nivel da auga e posteriormente dispuxémonos a poñer os ovos dentro da incubadora. 

Encantounos facer todo este proceso e estamos desexando ver os resultados...

Podedes comprobar como foi o momento pinchando na imaxe:

PROXECTO PITIÑOS

Hoxe ao chegar a clase atopámonos cunha SORPRESA!!

Chegou a incubadora!!

Foi un momento de moitas dúbidas así que decidimos subir a preguntarlle á teacher cousas que aparecían en inglés.

Distribuir contido


by Dr. Radut