Skip to Content

Club de lectura

LECTURAS DE SAMAÍN

Despois dun outono de medo: Cando petan na porta pola noite, Un ollo de vidro, Pel de lobo... Rematamos cunha sesión lecturas de terror polo Samaín

Samaín lecturas

CONSTELACIÓN BIBLOS

Os integrantes do Club de lectura Libros ao Cabo fixeron esta magnífica interpretación plástica das constelacións lectoras coas que levamos anos traballando no centro. Podedes ver esta instalación artística sobrevoando a entrada do edificio de Secundaria, xunto a Secretaría.

Constelación Biblos

BOOKTRAILER DE TERRA CHÁ

Víctor e Isa  son os creadores deste booktrailer de Terra Chá, un dos máis coñecidos poemarios do autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas: Manuel María.

 

OPINIÓNS SOBRE PEL DE LOBO

Opinións do alumnado de 1º ESO  sobre a última lectura do curso: Pel de lobo, de Xosé Miranda:

HECTOR: Gustoume todo, excepto o feito de que os lobos sacaran a pel.

ELOY: Gustoume moito o libro, xa que me gustan as historias de lobos e de cazadores. E está cheo de aventuras chulísimas. Recomendaríao.

ÓSCAR: Gustoume porque é entretido e é sobre caza, pero tamén hai amor. É bastante bonito, aínda que bota algo de medo.

LAURA: Encantoume este libro, porque é unha historia preciosa. O que máis me gustou foron detalles como que a historia estáballa contando Xosé aos seus netos. O que menos me gustou foi que Bal morrera.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS 2015/16

Na entrada do centro podedes atopar unha selección de toda a creatividade que amosou o alumnado nos traballos de lectura deste curso:

1º ESO: O MISTERIO DAS BADALADAS

Portadas dos traballos que o alumnado de 1º ESO fixo tras a lectura da novela O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo

portadas badaladas

 

LITERATURA DO XIX: NELA

Outro resumo gráfico, esta vez do cómic Nela, acompañado do traballo de Ernesto Bolón sobre a Literatura realista española do S.XIX

2º ESO: RESUMOS GRÁFICOS DO CÓMIC "A MANSIÓN DOS PAMPÍN"

En 2ºESO lemos A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado. O alumnado fixo resumos gráficos e estudou o léxico da arquitectura a partir da lectura da obra. Como material complementario para o estudo empregamos as fichas de Léxico 1 do Proxecto Artello.

ANÁLISE DE CÓMICS EN 3º e 4º

En 3º e 4º da ESO este mes lemos cómics de Demo Editorial e analizámolos seguindo as fichas que podedes descargar premendo nas portadas.

 

lobos de moeche             man do diaño

Estas son as portadas e os títulos antibelicistas dos traballos de 4º:

 

portadas

 

MÁS RECOMENDACIONES

Por: Anair Velo Vázquez.

 

 Por: Alejandro Álvarez Fernández.

Distribuir contido


by Dr. Radut