Skip to Content

COCIÑANDO MATEMÁTICAS

O alumnado de 1º ESO realizou un proxecto no que investigaron sobre as medidas que non están dentro do coñecido Sistema Métrico Decimal Universal. Averiguaron qué otras medidas podían encontrarse polo mundo e a súa equivalencia coas do sistema métrico. Incluso descubriron que hai un sistema especial para as medidas na cociña! Así que, que mellor que aplicalas practicando, e tocou facelo primeiro "buceando" na Internet para atopar esas receitas, e logo nas casas onde deberon elaborar unha, e por suposto redactala para ter un libro de receitas da clase.

Cremos que en inglés están a facer algo semellante cun extrano almorzo que toman por aqueles lares e completando o libro con receitas tolas tolas.

Pero volvamos ás mate, aquí podedes ver esas receitas do noso alumnado.

Receitas do mundo

As nosas receitas caseiras



page | by Dr. Radut