Skip to Content

VISITA AO GARAXE HERMÉTICO

Durante os meses pasados o alumnado de primeiro leu Fiz nos Biosbardos e Fiz, o neno máis porco do mundo, de Kiko da Silva.

Como peche da nosa Semana Cultural, e dentro das actividades da nosa constelación deste ano dedicada aos cómics, fomos a Pontevedra. Alí Kiko da Silva recibiunos para amosarnos o seu GARAXE HERMÉTICO. Explicounos por que decidiu crear unha escola de BD, por que facela privada e como é o proceso de creación e distribución dun cómic.

Tamén nos falou dos seus proxectos futuros e alentou ao noso alumnado a ser creativo, constante e non deixar escapar os seus soños, porque iso vai ser o que os faga realmente felices.

Grazas Kiko, foi toda unha experiencia!



book | by Dr. Radut