Skip to Content

CURSO 2024/25: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Publicouse no DOG a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e educación secundaria obrigatoria (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html- As axudas para a adquisición de libros de texto son para 1º e 2º de primaria.)

- O fondo solidario de libros de texto é para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado de primaria e secundaria.

A partir do martes 21 de maio e ata o 21 de xuño incluído, poderán presentar vía electrónica (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou persoalmente na administración do centro, as solicitudes de participación.

Nos seguintes anexos poden descargar un resumo de dita Orde e os impresos de solicitude.

AnexoTamaño
ANEXO.pdf3.49 MB
RESUMO FONDO LIBROS 2024-25_0.pdf109.96 KB


story | by Dr. Radut