Skip to Content

CURSO 2023/24: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Publicouse no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

- As axudas para a adquisición de libros de texto son para 1º e 2º de primaria.

- O fondo solidario de libros de texto é para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado de primaria e secundaria.

A partir do luns 22 de maio e ata o 21 de xuño, poderán presentar vía electrónica ou persoalmente na administración do centro, as solicitudes de participación.

Nos seguintes anexos poden descargar a Orde do 10 de maio de 2023 que regula o procedemento, un resumo de dita Orde e os impresos de solicitude:

 

 

AnexoTamaño
ORDE FONDO LIBROS 23-24.pdf1.16 MB
RESUMO FONDO LIBROS 2023-24.pdf111.67 KB
IMPRESO SOLICITUDE ED330B.pdf1.61 MB


page | by Dr. Radut