Xefaturas de estudos
Programacións curso 24/25
O acceso ás programacións deste curso faise a través da páxina de PROENS, onde hai que escoller o noso centro, con código 15023405.
https://www.edu.xunta.gal/proens/AccesoPublicoListaxe-listaxeBaleira.action
Libros de texto curso 2024/25
NOTA: O libro BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º ESO OPERACION MUNDO GALICIA da editorial ANAYA con ISBN - 9788414306680
será cedido en préstamo polo centro.
Programacións didácticas curso 22-23
Neste curso conviven dúas leis educativas, e polo tanto, dous tipos de progamacións.
Cursos impares: programacións LOMLOE
Infantil | Primaria | Secundaria |
Cursos pares: programacións LOMCE
Primaria | Secundaria |
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
PRAZO: Ata o 22 de xuño de 2022
PRESENTACIÓN POR VÍA ELECTRÓNICA
As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” ((https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro CON CITA PREVIA (881 930110)
OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que nos cursos pasados), para isto deberá pedir cita antes do día 27 de maio. A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.
Nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO o centro participa no programa EDIXGAL (cada alumno/a terá o seu propio ordenador) e non se pode solicitar préstamo de libros, só se poderá solicitar axuda para material escolar, en caso de corresponder.
INSTRUCCIÓNS COMÚNS PARA TODAS AS AXUDAS OU PRÉSTAMO: |
O solicitante é o pai/nai ou titor-a legal do alumno/a (non o propio alumno/a)
Unidade familiar a 31/12/2020 |
- Os pais (non separados legalmente) ou titor-a |
|
- Fillos |
- Menores de idade non emancipados |
|
- Fillos maiores de idade con discapacidade |
||
- Solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar |
||
Non computarán os fillos/as nados despois do 31/12/2020 |
||
Computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33% a 31/12/2020 |
||
Renda per cápita |
Casillas 435 + 460 da renda do ano 2020 A cantidade resultante dividirase polo nº de membros computables da unidade familiar En caso de custodia compartida, sumaranse os ingresos dos dous proxenitores. Aos alumnos/as cunha minusvalía ≥65% ou en situación de garda e custodia da Xunta de Galicia, non se lles terán en conta os ingresos, adxudicaráselles a axuda máxima que corresponda en cada caso. |
|
Documentación |
- Anexo II cuberto (sinaturas, no caso de menores de idade asinará un dos proxenitores) - Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar - En caso de ter algunha circunstancia especial deberá xustificarse documentalmente (Separación ou divorcio, defunción dalgún dos proxenitores, violencia de xénero,etc..). En caso de separación ou divorcio: setenza xudicial e convenio regulador En caso de presentación en papel - Deberá presentarse copia da documentación, non é necesario presentar a documentación orixinal |
|
Prazo
|
Ata o 22 de xuño (tanto de Ed. Primaria como de ESO). Non haberá outro prazo nin en xullo nin en setembro Excepto para os alumnos/as que repitan 4º de ESO |
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (1º EP e 2º EP, NEAE e discapacidade) |
Renda < 6.000€ à210€ Renda entre 6.000 e 10.000€ à 140 € NEAE e Discapacidade (entre 140 e 275€)
FONDO SOLIDARIO (Préstamo) (3º e 4º EP) |
-
A adxudicación de libros farase por orde inversa á renda per cápita familiar.
-
Adxudicación de libros (como mínimo): Renda < 6.000 à6 libros Renda Entre 6.000 e 10.000€ à 4 libros
-
No caso de haber libros suficientes adxudicaránselle tamén aos alumnos/as con rendas superiores a 10.000 €.
-
Os libros entregaranse aos alumnos/as cando comecen as clases.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 50 € (Todos os cursos de Educación Primaria e ESO) |
Para todo o alumnado de Ed. Primaria e ESO cunha renda per cápita familiar inferior a 6.000.-€.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22.
Adaptación da concreción curricular
Co fin de cumprir o indicado na ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia procedeuse a adaptación da concrección curricular do CPI A Xunqueira; esta adaptación recibiu o visto bo do claustro de profesores e foi aprobada polo Consello Escolar.
O documento pode consultarse na seguinte Ligazón
Modificacións nas programacións dos departamentos
Co fin de cumprir o indicado na ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia os distintos departamentos didácticos do CPI A Xunqueira procederon a adaptar as súas programacións didácticas.
Dende a seguinte ligazón pódese acceder ás citadas modificacións.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »