Orientación
AFRONTAMENTO DO PROCESO DE DESCONFINAMENTO
Estimadas familias e alumnado:
Despois deste proceso de confinamento parece que pouco a pouco imos chagando a denominada "nova normalidade". No seguinte enlace a esta publicación podedes descargar unha guía do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid para afrontar este proceso, no cal nos verbaliza sensacións, emocións, sentimentos... que poden aparecer durante este proceso e como aproveitalos para crecer e aprender¡¡¡¡
Espero que teñades un bo verán e lembrade que estou ao voso dispor no correo: benignovales@cpiaxunqueira.com
PASENIÑO, PASENIÑO.....IMOS SAÍNDO Á RÚA
Estimadas Familias:
Anexo a esta publicación deixamos dúas infografías /contos coas que lle podemos explicar aos mais peques a saída progresiva que iniciaremos este domingo.... Disfrutádea e con moita precaución¡¡¡¡¡
Esperamos o estedes levando o mellor posible....
Saúdos
TEST e CUESTIONARIOS de ORIENTACIÓN VOCACIONAL e PROFESIONAL
Querido alumnado de 3º e 4º da ESO :
A continuación deixovos uns enlaces a cuestionarios e test de orientación vocacional que iremos facendo estes días de acordo, con instrucións que vos darei por mail...
Son os seguintes:
TEST DE INTERESES UNIVERSITARIOS
CUESTIONARIO ORIENTACIÓN PROFESIONAL
TEST E GUÍA FUTURO PROFESIONAL
Espero que estedes levando ben esta situación e tentade sacar o positivo da mesma, se podedes: momentos para coñecervos, pensar e facer outras cousas... e lembrade que sempre podedes contactar comigo no meu correo benignovales@cpiaxunqueira.com
PÁXINA DE RECURSOS DO EQUIPO DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE PARA CONSULTA DAS FAMILIAS
Moi boas familias:
Dende o Equipo de Atención á Diversidade (as compañeiras de PT e AL de Infantil e Primaria), están a elaborar un banco de recursos para que teñades a man, aue traballa distintos temas: percepción visual, lectura, expresión oral........ Eiquí tedes o enlace:
Recursos para traballar dende a aula.
Queríamosvos trasladar a importancia de buscar momentos en familia, exercicio físico (dentro do posible), comunicación coa xentiña da casa e cos amigos aproveitando as tecnoloxías (SKYPE, Whatsapp, Videochamadas...) e non agobiarse en exceso coas tarefas, pero si se pode marcar unhas rutinas onde un tempo o día as recolla, e tamén a lectura.
Saúdos e moito ánimo
ORIENTACIÓNS PARA A XESTIÓN DA CORENTENA #EUFICONACASA #QUEDADEVOSNACASA
Estimadas familias:
Deixámosvos un enlace con orientacións para a xestión psicolóxica para a corentena polo coronavirus, publicadas polo colexio oficial de psicólogos da Comunidade de Madrid:
Tamén para os nosos e as nosas alumnos e alumnas mais pequenos (Infantil e primeiros cursos de Primaria), deixamos un enlace ao conto: " Rosa contra o virus" , que nos pode axudar a explicar esta situación aos mais pequenos dun xeito positivo:
Recibide un cordial saúdo e ante calquera dúbida, eiquí estamos para o que precisedes.
RECOMENDACIÓNS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CPI A XUNQUEIRA DURANTE ESTE PERIODO EXCEPCIONAL #EUFICONACASA #QUEDADEVOSNACASA
Estimadas familias e alumnos_as:
Querémosvos enviar un saúdo moi grande dende o D.O. do CPI A Xunqueira e darvos moitos ánimos nesta excepcional situación. Pero lembremos que en xaponés crise significa oportunidade...oportunidade de coñecer unha nova situación, unha nova rutina, e porque non… apreciar o que tiñamos e o que teremos….porque sairemos adiante, sen dúbida!!!!
Debido ao actual mandato do goberno español todas as persoas que non realicen determinadas actividades deberán permanecer en corentena no seu domicilio e isto inclúe aos nosos nenos, nenas, rapaces e rapazas. Para esto é fundamental regular unha rutina que alterne diversas actividades físicas, académicas deportivas, de pasar tempo en familia….. sempre con flexibilidade, tal e coma a situación o permita. Deste xeito sería positivo:
-
Marcar un horario, que cada familia deberá adaptar as súas costumes, pero que debería incluír unha hora fixa de erguerse pola mañá (que pode ser mais flexible que a habitual, no periodo escolar), unha mesma hora de acostarse e con actividades programadas.
-
Pode ser un momento excepcional para fomentar a autonomía nos nosos nenos e nenas, a partir de agora e durante un tempo pasarán moito tempo na casa, pode ser unha boa excusa para asignarlle determinadas actividades que sexan da súa responsabilidade: recoller a habitación, a súa roupa, colaborar na limpeza da habitación, axudar en tarefas da casa……
-
Non descuidedes a actividade académica!!! Os profes do CPI A Xunqueira prepararanvos unha serie de actividades on line para non perder o fío do aprendido ata agora. Marcade un tempo diario e continuo de traballo e con descansos pautados.
-
No día a día escolar adicamos media hora diaria a lectura… Por favor continuade con este gran hábito que mellora as funcións executivas mentais e enriquece o espirito dos nosos alumnos e alumnas.
-
Adicade un tempo diario a actividade física no marco das vosas posibilidades con xogos, obstáculos, exercicios aeróbicos, baile na casa…. poden ser momentos divertidos en familia, que axuden a unir lazos.
-
#Quedadevosnacasa , pero lembrade iso non é incompatible coas interaccións sociais : o whats app, skipe, … e outras plataformas permiten videoconferencias con familia e amigos, o cal é positivo para eles e para vós.
-
De igual modo as tecnoloxías da información nos dan moitas posibilidades para presenciar actividades culturais dende a nosa casa (en seguintes bloques darémosvos distintas opcións levadas a cabo na actualidade).
-
Recuperade xogos de mesa e cartas para traballar o enxeño e cultivar lazos familiares: parchís, oca, brisca, monopoli…..
-
Lembrádevos de xogos que traballan a intelixencia espazo - temporal tan importante no desenvolvemento coma o tangram, puzzles, legos…. algúns deles pódense fabricar na casa con tutoriais de internet: https://www.youtube.com/watch?v=rHRa0q4oUT4 .
-
Proporcionámosvos algunha app que pode ser do voso interese, para apple e android.
A continuación, deixámosvos unha serie de enlaces na rede, exemplos de actividades.. para traballar na casa e estar entretidos aproveitando esta nova situación da que sen dúbida sacaredes cousas positivas:
ACTIVIDADE ACADÉMICA:
-
https://www.rtve.es/educlan/ Educlan, canales educativos para nenos de 3 a 10 anos.
-
https://www.mundoprimaria.com Portal de material educatio gratuíto.
-
https://www.educapeques.com blogue educativo para docentes, familias e nen@s.
-
https://www.educaciontrespuntocero.com portal educativo informativo sobre nnovación educativa, para coller ideas para aprender na casa e informarse sobre educación.
-
http://aulasgalegas.org Portal educativo galego en construcción, onde docentes de Galicia carregarán actividades para facer na casa durante esta crise do coronavirus.
-
Páxina sobre educación : https://www.orientacionandujar.es ten información tan valiosa coma estes cadernos descargables:
ACTIVIDADE FÍSICA:
-
Instagram @yomemuevoencasa. Cada día entrenamientos variados para toda la familia.
-
Canal de Youtube: “Yogic” https://www.youtube.com/channel/UC8m4ehVIJWKwJgK5ZfUxgkg permite trabajar la relajación y meditación todos juntos.
-
Canal de Youtube: Smile and Learn de “Yoga para niños” https://www.youtube.com/channel/UCCZpm6436NiU__lcBAlEZmQ para disfrutar en familia.
-
Canal de Youtube: Memoyoguis “Relajación guiada para niños: Otoño”. https://www.youtube.com/channel/UCvkdTUBqWx2kf1HfNJIjFqw
-
Canak de Youtube: Zumba with Dovydas https://www.youtube.com/channel/UCOjZigyo_fg2V7JdGwePSwg con actividades de baile para niñ@s y adultos.
-
Youtube: “Ejercicio físico para niños”, con enlaces como: https://www.youtube.com/watch?v=TStEzVUqtUU , https://www.youtube.com/watch?v=69Za5UWtIC0 ,....
-
Por música e bailar libremente.Eiquí tedes un enlace con música que favorece o baile e exercicio: https://www.youtube.com/watch?v=PYtErGdK5XU
-
Actividades tipo coma:
-
Facer competicións para ver quen salta máis alto ou quen mantén o equilibrio máis tempo nunha posición determinada.
-
Realizar circuitos. Por exemplo, utilizando materiais como coxíns, almofadas, cinta adhesiva, globos, telarañas caseiras con hilos, etc.
-
Encestar canastas nunha papeleira.
-
Saltar á comba.
-
Xogar á galiña cega ou ás estatuas, nas que nos convertemos cando se para a música e pasamos de estar bailando a quedarnos nunha posición determinada.
-
Xogos con pompóns nas escadas, para que os lancen ou impulsen soprando por unha palla.
-
Organizar unha búsqueda do tesouro, escondendo pistas pola casa.
-
….
ENTRETEMENTO:
-
Instagram @yomequedoencasafestival. Conciertos los fines de semana. Tedes a información detallada neste enlace: https://www.yomequedoencasafestival.com y @conciertosyomequedoencasa que intentará ofrecer un concierto al día.
-
Concerto de Andrés Suárez en Instagram. Luns 16 ás 20:00 h. (@andressuarezoficial)
-
Canal de YouTube "Gallinita pintadita": https://www.youtube.com/watch?v=ixlHKpnkkiA canal para que os nenos e nenas poidan cantar, e os lectores sigan a letra a modo de karaoke.
-
Museos: visitas virtuais:
-
Pinacoteca di Brera - Milán (https://pinacotecabrera.org/)
-
Galleria degli Uffizi - Florencia (https://www.uffizi.it/mostre-virtuali )
-
Musei Vaticani - Roma (https://www.museivaticani.va/content/museivaticani/it/collezioni/catalogo-online.html )
-
Museo Archeologico - Atenas (https://namuseum.gr/en/collection/art-works )
-
Prado - Madrid (https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works )
-
Louvre - París (https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne )
-
British Museum - Londres (https://www.britishmuseum.org/collection )
-
Metropolitan Museum - Nueva York (https://artsandculture.google.com/explore )
-
Hermitage - San Petesburgo (https://bit.ly/3cJHdnj )
-
National Gallery of art - Washington (https://www.nga.gov/index.html)
-
Lugares con visitas virtuais
https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/las-mejores-visitas-virtuales/
-
Contacontos con Beatriz Montero:
https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero
-
Contos con pictogramas (acceso a información pola ruta visual):
https://aprendicesvisuales.com/p/cuentos_aprendicesvisuales/
-
A nivel de actividades propomos:
-
Xogos educativos: memory, puzzles, a oca, o parchís, dominó, “¿qué tengo en el coco?”, tres en raia, palabras encadeadas…
-
A partir de contos ou lecturas que teñan na casa, que creen personaxes novos para os contos, que cambien o final da historia, que describan os personaxes e os fagan con materiais como cartolinas, goma eva, fieltro…
-
Cociñar en familia: buscar una receita que lles guste, que a escriba nun papel e logo a elaboren en familia. Cando volvan ao colexio, que conten aos seus compañeiros a súa experiencia e lles ensinen o resultado con fotos sobre o proceso.
-
Disfrazarse: coa roupa que teñan no armario que combinen diferentes cores, estilos e tamaños de prendas, que se poñan sombreiros, perrucas, gafas....
-
Adiviñar películas a través de mímica, imaxinación e diversión.
-
Realizar collages, con xornais ou revistas vellas que teñan na casa.
-
Pintar ao ritmo da música ou cos ollos pechados.
-
Realizar xogos e manualidades: a continuación tedes unha canle de YouTube, que vos pode dar ideas: Don Lu https://youtu.be/qlw4feTmBzA
-
Realizar experimentos educativos coma :
-
Arte con xiz. A actividade consiste en pintar sal con xiz de cores. A idea é que todo o fagan eles/as e só intervir se necesitan a nosa axuda.
Botar un puñado de sal en diferentes recipientes e elixir un xiz (ou varios) para tinguir cada un deles.
Unha vez tinguida hai que botala en pequenas cantidades no bote con tapa para ir creando a nosa composición final.
-
Crear tinta invisible: xoga a los detectives cos teus filjos/as creando mensaxes secretas que so os mellores investigadores poderán resolver. Aos nenos lles sorprenderá saber como algúns alimentos permiten crear tinta máxica. O material que necesitas é o seguinte:
Pincel ou bastonciño de algodón
Papel branco
Limón
Auga
Pasos a seguir:
-
Exprime o zume de limón nun cuenco e engade unha cullerada de auga.
-
Mestura e, coa axuda dun bastonciño o pincel, escribe a túa mensaxe no papel.
-
Deixa secar.
-
Pon unha candea debaixo (sen poner o papel demasiado preto) e poderás ler a mensaxe.
Explicación: O zume de limón se oxida e se pon de cor marrón cando se quenta, por iso podes ler a mensaxe. Ademais de limón podes usar zume de laranxa, mel diluida en auga, leite e vinagre.
APP’S EDUCATIVAS:
Eiquí tedes un exemplo de múltiples app´s de uso educativo:
-
Academons Primaria. Acceso gratis durante 30 días a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua, Inglés, Ciencias e Science
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.cerebritiapp&hl=es
-
Ta-tum: do grupo da editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito a esta plataforma para o fomento da lectura.
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.oc.booklibrary&hl=es
-
Smartick: para repasar as Matemáticas dedicándolle so 15 minutos ao día.
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.mobile.android.smartick&hl=es
-
Genially: para facer presentacións interactivas, infografías, mapas mentais...
-
AMCO: a través da aplicación Eduzland, se propón un programa curricular de aprendizaxe en formato de videoxogo para traballar Lingua Castelá e Matemáticas.
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.KaijuGames.Alpha_eduZland&hl=es_419
-
Smile and learn: a través desta app os nenos entrenan as sus intelixencias múltiples e capacidades cognitivas mentres se divirten a través de xogos e contos.
https://play.google.com/store/apps/details?id=net.smileandlearn.library&hl=es
-
Celebriti Edu: ofrece xogos gratis ata final de curso, tanto para a etapa de Educación Primaria como para Secundaria.
-
Pupitre: versión dixital de Vacacións Santillana dispoñible para dous rangos de idade. De 3 a 5 anos fomenta o desenvolvemento de habilidades e destrezas básicas. De 6 a 11 anos se centra en Matemáticas, Lingua, Ciencia, Inglés e Arte.
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.pupitre&hl=en_US
-
MARS:SM ofrece gratis a súa plataforma M.A.R.S, dirixida a alumnos de Primaria, na que os escolares poderán repasar e reforzar as materias con contido lúdico e libros de lectura.
APP’S EDUCATIVAS (XOGOS):
-
Quick Brain - Cálculo mental
-
Xogos de memoria
-
Xogos de Matemáticas - Enigma
-
Brain Blow
-
Xogo puzle de cores - Fondo colorido gratuito
-
2048
-
SUDOKU - TheSudoku.com
-
Two Dots
-
Buscaminas Clásico: Retro
-
Podes escapar da habitación 100 X
-
Polygrams - Xogos de rompecabezas 2020 gratis
-
Mahjong
-
Flow Water Fountain 3D Puzzle - Flujo Agua Fuente
-
"Encuentra las diferencias" - más de 750 niveles
-
Laberintos e máis
-
Fontanero 3
-
Tetris
Isto non queda aquí seguimos en contacto. Aproveitamos dende o D.O. do CPI A Xunqueira para darvos un forte saúdo e decirvos que vos estaremos acompañando. Estamos permanentemente en contacto nos mails:
benignovales@cpiaxunqueira.com, , , e bertablanco@cpiaxunqueira.com , non dubidedes en contactar connosco.
Recibide un saúdo moi especial de Cris, Clara, Gloria, Berta e Beni.
3ª Sesión Quérote +
A pasada semana levamos a cabo a 3ª sesión do programa Quérote + dende as clases de Lingua Galega e Lingua Francesa, o resultado foi enriquecedor e espectacular, as 2 clases de 3º da ESO traballaron conxuntamente na elaboración dun mural co rezo: Desexo e Identidade Sexual.
Nesta sesión aclaráronse aspectos relativos ao desexo e a identidade sexual, e analizáronse e diferenciáronse para comprender e profundizar nos procesos de sexuación.
Acordamos despois desta sesión, por parte do alumnado de 3º da ESO que: A convivencia e o respecto en xeral son fundamentais para construir un mundo mellor, e particularmente é fundamental respectar ao individuo e a súa identidade e orientación sexual.
Acabamos realizando un cartaz con este principio, titulado: Desexo e Identidade sexual.
A continuación podedes ver fotos das sesións:
2ª Sesión Quérote +
Hoxe levamos a cabo a 2ª sesión sobre o programa Quérote + sobre a Educación sexual.
Falamos dos procesos de sexuación natural de mozos e mozas, coa exposición de varios videos sobre o tema e posterior discusión dos mesmos...
Discutimos sobre as diferentes visión de vivir a vida e a sexualidade, e a importancia da empatía coas persoas, coa visión do mundo e de nós mesmos...
E por último fixemos unha posta en común e reflexión , con preguntas confidenciais, sobre as dúbidas que poden existir respecto das relacións entre as persoas e as prácticas eróticas.
Interesantes reflexións e gran traballo sobre a importancia do enfoque e puntos de vista persoais: Como miro o mundo é como o sinto¡¡¡