Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

 PRAZO: Ata o 22 de xuño de 2022

 

PRESENTACIÓN POR VÍA ELECTRÓNICA

 

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” ((https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro    CON CITA PREVIA  (881 930110)

 

OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que nos cursos pasados), para isto deberá pedir cita antes do día 27 de maio. A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.

 

Nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO o centro participa no programa EDIXGAL (cada alumno/a terá o seu propio ordenador) e non se pode solicitar préstamo de libros, só se poderá solicitar axuda para material escolar, en caso de corresponder.

 

INSTRUCCIÓNS COMÚNS PARA TODAS AS AXUDAS OU PRÉSTAMO:

 

O solicitante é o pai/nai ou titor-a legal do alumno/a (non o propio alumno/a)

 

 

Unidade familiar

a 31/12/2020

- Os pais (non separados legalmente) ou titor-a

- Fillos

- Menores de idade non emancipados

- Fillos maiores de idade con discapacidade

- Solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar

Non computarán os fillos/as nados despois do 31/12/2020

Computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%  a 31/12/2020

Renda per

 cápita

Casillas 435 + 460 da renda do ano 2020

A cantidade resultante dividirase polo nº de membros computables da unidade familiar

En caso de custodia compartida, sumaranse os ingresos dos dous proxenitores.

Aos alumnos/as cunha minusvalía 65% ou en situación de garda e custodia da Xunta de Galicia, non se lles terán en conta os ingresos, adxudicaráselles a axuda máxima que corresponda en cada caso.

Documentación

- Anexo II cuberto (sinaturas, no caso de menores de idade asinará un dos proxenitores)

- Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar

- En caso de ter algunha circunstancia especial deberá xustificarse documentalmente (Separación ou divorcio, defunción dalgún dos proxenitores, violencia de xénero,etc..).

En caso de separación ou divorcio: setenza xudicial e convenio regulador

En caso de presentación en papel - Deberá presentarse copia da documentación, non é necesario presentar a documentación orixinal

Prazo

 

Ata o 22 de xuño (tanto de Ed. Primaria como de ESO).

Non haberá outro prazo nin en xullo nin en setembro

Excepto para os alumnos/as que repitan 4º de ESO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO      (1º EP e 2º EP,  NEAE e discapacidade) 

 

Renda < 6.000€ à210€    Renda entre 6.000 e 10.000€ à 140 €   NEAE e Discapacidade (entre 140 e 275€)

 

FONDO SOLIDARIO (Préstamo)    (3º e 4º EP)

-        

A adxudicación de libros farase por orde inversa á renda per cápita familiar.

-        

Adxudicación de libros (como mínimo): Renda < 6.000 à6 libros     Renda Entre 6.000 e 10.000€ à 4 libros        

-        

No caso de haber libros suficientes adxudicaránselle tamén aos alumnos/as con rendas superiores a 10.000 €.

-        

Os libros entregaranse aos alumnos/as cando comecen as clases.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR      50 € (Todos os cursos de Educación Primaria e ESO)

 

Para todo o alumnado de Ed. Primaria e ESO cunha renda per cápita familiar inferior a 6.000.-€.

 

 

 

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22.