Inicio do curso 21-22 ESO
O comezo das clases na ESO será ás 8:45 h do 15 de setembro.
A entrada irase facendo de xeito ordenado conforme vaian chegando ao centro (no bus ou a pé): subirán á planta superior pola escaleira central e sentarán na súa aula (o grupo pode verse accedendo á app ABALAR) na mesa onde teñen o seu nome. Agardarán a chegada dos titores baixo a supervisión do profesorado de garda.
Deben evitarse agrupamentos tanto no patio como nos arredores do centro.
Benvidos/as ao novo curso!!
»