RECOMENDACIÓNS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CPI A XUNQUEIRA DURANTE ESTE PERIODO EXCEPCIONAL #EUFICONACASA #QUEDADEVOSNACASA

Estimadas familias e alumnos_as:

 

Querémosvos enviar un saúdo moi grande dende o D.O. do CPI A Xunqueira e darvos moitos ánimos nesta excepcional situación. Pero lembremos que en xaponés crise significa oportunidade...oportunidade de coñecer unha nova situación, unha nova rutina, e porque non… apreciar o que tiñamos e o que teremos….porque sairemos adiante, sen dúbida!!!!

Debido ao actual mandato do goberno español todas as persoas que non realicen determinadas actividades deberán permanecer en corentena no seu domicilio e isto inclúe aos nosos nenos, nenas, rapaces e rapazas. Para esto é fundamental regular unha rutina que alterne diversas actividades físicas, académicas deportivas, de pasar tempo en familia….. sempre con flexibilidade, tal e coma a situación o permita. Deste xeito sería positivo:

 

  • Marcar un horario, que cada familia deberá adaptar as súas costumes, pero que debería incluír unha hora fixa de erguerse pola mañá (que pode ser mais flexible que a habitual, no periodo escolar), unha mesma hora de acostarse e con actividades programadas.

  • Pode ser un momento excepcional para fomentar a autonomía nos nosos nenos e nenas, a partir de agora e durante un tempo pasarán moito tempo na casa, pode ser unha boa excusa para asignarlle determinadas actividades que sexan da súa responsabilidade: recoller a habitación, a súa roupa, colaborar na limpeza da habitación, axudar en tarefas da casa……

  • Non descuidedes a actividade académica!!! Os profes do CPI A Xunqueira prepararanvos unha serie de actividades on line para non perder o fío do aprendido ata agora. Marcade un tempo diario e continuo de traballo e con descansos pautados.

  •  No día a día escolar adicamos media hora diaria a lectura… Por favor continuade con este gran hábito que mellora as funcións executivas mentais e enriquece o espirito dos nosos alumnos e alumnas.

  • Adicade un tempo diario a actividade física no marco das vosas posibilidades con xogos, obstáculos, exercicios aeróbicos, baile na casa…. poden ser momentos divertidos en familia, que axuden a unir lazos.

  • #Quedadevosnacasa , pero lembrade iso non é incompatible coas interaccións sociais : o whats app, skipe, … e outras plataformas permiten videoconferencias con familia e amigos, o cal é positivo para eles e para vós.

  • De igual modo as tecnoloxías da información nos dan moitas posibilidades para presenciar actividades culturais dende a nosa casa (en seguintes bloques darémosvos distintas opcións levadas a cabo na actualidade).

  • Recuperade xogos de mesa e cartas para traballar o enxeño e cultivar lazos familiares: parchís, oca, brisca, monopoli…..

  • Lembrádevos de xogos que traballan a intelixencia espazo - temporal tan importante no desenvolvemento coma  o tangram, puzzles, legos…. algúns deles pódense fabricar na casa con tutoriais de internet: https://www.youtube.com/watch?v=rHRa0q4oUT4 .

  • Proporcionámosvos algunha app que pode ser do voso interese, para apple e android.

 

A continuación, deixámosvos unha serie de enlaces na rede, exemplos de actividades.. para traballar na casa e estar entretidos aproveitando esta nova situación da que sen dúbida sacaredes cousas positivas:

 

ACTIVIDADE ACADÉMICA:

 

https://www.orientacionandujar.es/2016/10/19/actividades-infantil-preescolar-10-cuadernillos-200-fichas-material-aprendizaje/?fbclid=IwAR2s0zLER8Qv1Pq0CMW_153UEv7DghOi8gKsU96jZ9V9fScdynGxvtWbdoM




ACTIVIDADE FÍSICA:

 



ENTRETEMENTO:

 

https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/las-mejores-visitas-virtuales/

  • Contacontos con Beatriz Montero:

https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero

  • Contos con pictogramas (acceso a información pola ruta visual):

https://aprendicesvisuales.com/p/cuentos_aprendicesvisuales/

  • A nivel de actividades propomos:

    • Xogos educativos: memory, puzzles, a oca, o parchís, dominó, “¿qué tengo en el coco?”, tres en raia, palabras encadeadas…

    • A partir de contos ou lecturas que teñan na casa, que creen personaxes novos para os contos, que cambien o final da historia, que describan os personaxes e os fagan con materiais como cartolinas, goma eva, fieltro…

 

    • Cociñar en familia: buscar una receita que lles guste, que a escriba nun papel e logo a elaboren en familia. Cando volvan ao colexio, que conten aos seus compañeiros a súa experiencia e lles ensinen o resultado con fotos sobre o proceso.

    • Disfrazarse: coa roupa que teñan no armario que combinen diferentes cores, estilos e tamaños de prendas, que se poñan sombreiros, perrucas, gafas....

    • Adiviñar películas a través de mímica, imaxinación e diversión.

    • Realizar collages, con xornais ou revistas vellas que teñan na casa.

    • Pintar ao ritmo da música ou cos ollos pechados.

    • Realizar xogos e manualidades: a continuación tedes unha canle de YouTube, que vos pode dar ideas:  Don Lu https://youtu.be/qlw4feTmBzA

    • Realizar experimentos educativos coma : 

      • Arte con xiz. A actividade consiste en pintar sal con xiz de cores. A idea é que todo o fagan eles/as e só intervir se necesitan a nosa axuda.

Botar un puñado de sal en diferentes recipientes e elixir un xiz (ou varios) para tinguir cada un deles.

Unha vez tinguida hai que botala en pequenas cantidades no bote con tapa para ir creando a nosa composición final.

      • Crear tinta invisible: xoga a los detectives cos teus filjos/as creando mensaxes secretas que so os mellores investigadores poderán resolver. Aos nenos lles sorprenderá saber como algúns alimentos permiten crear tinta máxica. O material que necesitas é o seguinte: 

Pincel ou bastonciño de algodón

Papel branco

Limón

Auga

Pasos a seguir:

  1. Exprime o zume de limón nun cuenco e engade unha cullerada de auga.

  2. Mestura e, coa axuda dun bastonciño o pincel, escribe a túa mensaxe no papel.

  3. Deixa secar.

  4. Pon unha candea debaixo (sen poner o papel demasiado preto) e poderás ler a mensaxe.

Explicación: O zume de limón se oxida e se pon de cor marrón cando se quenta, por iso podes ler a mensaxe. Ademais de limón podes usar zume de laranxa, mel diluida en auga, leite e vinagre.



APP’S EDUCATIVAS:

Eiquí tedes un exemplo de múltiples app´s de uso educativo:

  • Academons Primaria. Acceso gratis durante 30 días a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua, Inglés, Ciencias e Science

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.cerebritiapp&hl=es

  • Ta-tum: do grupo da editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito a esta plataforma para o fomento da lectura.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.oc.booklibrary&hl=es

  • Smartick: para repasar as Matemáticas dedicándolle so 15 minutos ao día.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.mobile.android.smartick&hl=es

  • Genially: para facer presentacións interactivas, infografías, mapas mentais...

https://www.genial.ly/es

  • AMCO: a través da aplicación Eduzland, se propón un programa curricular de aprendizaxe en formato de videoxogo para traballar Lingua Castelá e Matemáticas.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.KaijuGames.Alpha_eduZland&hl=es_419

  • Smile and learn: a través desta app os nenos entrenan as sus intelixencias múltiples e capacidades cognitivas mentres se divirten a través de xogos e contos. 

https://play.google.com/store/apps/details?id=net.smileandlearn.library&hl=es

  • Celebriti Edu: ofrece xogos gratis ata final de curso, tanto para a etapa de Educación Primaria como para Secundaria.

https://edu.cerebriti.com/

  • Pupitre: versión dixital de Vacacións Santillana dispoñible para dous rangos de idade. De 3 a 5 anos fomenta o desenvolvemento de habilidades e destrezas básicas. De 6 a 11 anos se centra en Matemáticas, Lingua, Ciencia, Inglés e Arte.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.pupitre&hl=en_US

  • MARS:SM ofrece gratis a súa plataforma M.A.R.S, dirixida a alumnos de Primaria, na que os escolares poderán repasar e reforzar as materias con contido lúdico e libros de lectura.



APP’S EDUCATIVAS (XOGOS):

 

  • Quick Brain - Cálculo mental

  • Xogos de memoria

  • Xogos de Matemáticas - Enigma

  • Brain Blow

  • Xogo puzle de cores - Fondo colorido gratuito

  • 2048

  • SUDOKU - TheSudoku.com

  • Two Dots

  • Buscaminas Clásico: Retro

  • Podes escapar da habitación 100 X

  • Polygrams - Xogos de rompecabezas 2020 gratis

  • Mahjong

  • Flow Water Fountain 3D Puzzle - Flujo Agua Fuente

  • "Encuentra las diferencias" - más de 750 niveles

  • Laberintos e máis

  • Fontanero 3

  • Tetris

 

Isto non queda aquí seguimos en contacto. Aproveitamos dende o D.O. do CPI A Xunqueira para darvos un forte saúdo e decirvos que vos estaremos acompañando. Estamos permanentemente en contacto nos mails:

benignovales@cpiaxunqueira.comclaralopez@cpiaxunqueira.comcristinafernandez@cpiaxunqueira.com,  gloriagomez@cpiaxunqueira.com e bertablanco@cpiaxunqueira.com , non dubidedes en contactar connosco.

 

Recibide un saúdo moi especial de Cris, Clara, Gloria, Berta e Beni.