Aviso importante para 5º Primaria e 1º da ESO. Curso 19/20
O noso centro resultou seleccionado, con carácter provisional, para participar no proxecto de educación dixital E-dixgal no vindeiro curso.
Seremos parte dos máis de 280.000 alumnos galegos que terán acceso a unha contorna de aprendizaxe na nube con recursos para desenvolver as competencias dixitais necesarias para o seu futuro profesional.
A incorporación neste proxecto será progresiva, e no curso 2019/20 comezará en 5º de Primaria e en 1º da ESO.
Con tal motivo recomendamos que
non se merquen nin libros nin cadernos para 5º de EP e 1º da ESO.
Cando a resolución sexa definitiva, enviaremos instruccións específicas para eses dous cursos.
O proxecto E-DIXGAL arrancou no curso 2014/2015.
Docentes e alumnos dos centros implicados desenvolverán a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para os cursos nos que se implante.
Os docentes poderán elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.
Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén á súa disposición o espazoAbalar con máis de 2.106 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.
O alumnado e o profesorado terá á súa disposición un ordenador portátil, e ten a posibilidade de utilizalo tamén na súa casa, para o que se establecerá o servizo de préstamo do mesmo.