Xefaturas de estudos, Primaria, Secundaria, Equipo directivo, Director, Secretaria
Modificacións nas programacións dos departamentos
Co fin de cumprir o indicado na ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia os distintos departamentos didácticos do CPI A Xunqueira procederon a adaptar as súas programacións didácticas.
Dende a seguinte ligazón pódese acceder ás citadas modificacións.
Programacións curso 21-22
Inicio do curso 21-22 ESO
O comezo das clases na ESO será ás 8:45 h do 15 de setembro.
A entrada irase facendo de xeito ordenado conforme vaian chegando ao centro (no bus ou a pé): subirán á planta superior pola escaleira central e sentarán na súa aula (o grupo pode verse accedendo á app ABALAR) na mesa onde teñen o seu nome. Agardarán a chegada dos titores baixo a supervisión do profesorado de garda.
Deben evitarse agrupamentos tanto no patio como nos arredores do centro.
Benvidos/as ao novo curso!!
Inicio do curso 21-22 Infantil e Primaria
Educación Infantil e Primaria comezan o día 9 de setembro.
As entradas o día 9 serán escalonadas para respetar o protocolo COVID.
Premendo nesta LIGAZÓN acceso ao documento co horario de entradas o día 9
Haberá transporte escolar no horario habitual.
A partir do día 10 o horario será o habitual.
Libros de texto curso 2021/2022
Recomendamos ao alumnado da ESO que espere a recibir información do préstamo do centro en setembro antes de mercar os libros
Axudas libros de texto e material escolar curso 21-22
PRESENTACIÓN POR VÍA ELECTRÓNICA
As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro CON CITA PREVIA (881 930110)
OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que no curso pasado), para isto deberá pedir cita antes do día 4 de xuño. A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.
Nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO o centro participa no programa EDIXGAL (cada alumno/a terá o seu propio ordenador) e non se pode solicitar préstamo de libros, só se poderá solicitar axuda para material escolar, en caso de corresponder.
Visita virtual
Dada a situación sanitaria non podemos invitar ás familias a visitar o centro, polo que grabamos esta visita virtual para que podades coñecer as nosas instalacións.
Esperámosvos o próximo curso!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »