Orientación
QUÉROTE + 1º Sesión
Hoxe, día 11 de decembro de 2019, presentamos o recurso Quérote + ao alumnado, do cal se falou previamente nas distintas aulas. Expuxemos que os centros Quérote + dependen da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e son un recurso moi útil para todas as dúbidas que un alumno nesta idade pode presentar respecto ao seu desenvolvemento sexual, coma parte do crecemento do ser humano,a súa evolución social e coma persoa de xeito íntegro. Acordamos desenvolver todas as unidades do programa ao longo do curso, e realizouse unha pequena introducción de cada unha dentro da importancia do programa e a última que será o traballo final.
Ademais destacouse a importancia do recurso que dá a páxina web do Quérote +, respecto as consultas que o alumnado pode realizar dun xeito totalmente confidencial, e fixemos unha consulta coma clase de 3º da ESO do CPI a Xunqueira..... Destacamos as vías de comunicación co Querote Mais:
- Presencial e Telefónica: Quérote+ A Coruña. Avd. Linares Rivas ,28 8o Teléfono: 981 223 913
- Consultoría a través da web: http://xuventude.xunta.es/querote-mais
- Consultoría a través de Whatsapp e Telegram: 647018752
- Consultoría a través de videochamada e Hangout. querotemais.videochamada
Foi unha sesión divertida, e onde surxiron moitas dúbidas e inquedanzas....
ORIENTACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO LINGüÍSTICO DOS MAIS PEQUENOS
ORIENTACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO LINGÜÍSTICO DOS VOSOS FILLOS E FILLAS:
Agora que comezamos o curso, deixamos algunhas recomendacións para traballar a linguaxe cos mais pequenos, ademais contades anexo a estas recomendacións cun pdf con distintos exercicios para traballar as praxias bucofaciais.
(Algunhas orientacións que poden servir de axuda)
-Prescindir o antes posible de biberón, chupetes e papa e procurar os alimentos sólidos para fomentar así a maduración dos órganos articulatorios.
-Fomentar e acompañar na autonomía do neno/a en canto a hixiene, alimentación, … axudando así á súa madurez e desenvolvemento.
-Adicar un tempo á falar có neno/a preguntándolle sobre a escola e outros temas de interese, prestándolle atención e mantendo con el/ela unha conversa onde os patróns e turnos sexan os correctos.
-Ler contos có neno/a preguntándolle sobre os mesmos, pedíndolle que describa os debuxos traballando así a comprensión dos mesmos.
-Non falar cunha linguaxe infantilizada, procurar sempre falar correctamente proporcionando estruturas lingüísticas que o neno/a poida imitar e reproducir.
-Procurar sempre que se exprese sen “traducir” nin adiantarse ó que nos quere pedir. Non responder por el ou ela. Pero sempre unha vez se exprese, amosarlle a mensaxe correcta.
-Cantarlle cancións curtas con ritmo e xestos que poida imitar e reproducir.
-Falarlle en un ton normal e sen berrar e procurando que el/ela tampouco berre ó falar.
-Darlle tempo para que se exprese.
- Cando saiades ao parque, a facer a compra ou a calquera actividade, nomear o que imos vendo, obxectos, comida, explicarlles que son as cousas de xeito natural para que aprendan a percibir o mundo que lles rodea adquirindo vocabulario básico e funcional e así fomentar a súa linguaxe.
- Fomentar o xogo rollerplay e xogo simbólico, bonecos, coches, peluches e todo tipo de xoguetes que lles permitan establecer comunicación e linguaxe espontáneo en lugar da televisión, dispositivos e videoxogos que deben empregarse na xusta medida posto que limitan as interaccións e as comunicacións verbais entre os nenos e nenas.
*Exercicios de motricidade bucolinguofacial que podedes facer na casa diante do espello son as cariñas que vos adxunto neste anexo en pdf o cal lles permitirá coller soltura nos órganos implicado la linguaxe e na fala. Facéndoo un ratiño ao día de xeito lúdico e motivador.
* Axúntovos tamén webgrafía e vídeos de interese cós que traballar este tipo de tarefas:
YOUTUBE:
“Exercicios orais motores diarios”: https://www.youtube.com/watch?v=g_Is2wh1xIw
“Praxias de los minions”
https://www.youtube.com/watch?v=ngOZaYCmPq0
Atentamente, o Departamento de Orientación