TUESDAY,28TH APRIL AND THURSDAY, 30TH APRIL
1.Usando o debuxo que tes nesta páxina escribe oracións na libreta con "QUANTIFIERS". Usa SOME, A (AN), MUCH, MANY, FEW, LITTLE, ANY, A LOT OF, HOW MUCH, HOW MANY (CANTOS ou CANTO en pregunta: HOW MUCH en pregunta non contables, e HOW MANY en pregunta contables).
Non te preocupes do resto da fixa, é solo para que teñas o debuxo de referencia. Tamén tes aí o vocabulario que tamén te axudará.
2. Unha vez que tes feitas esas oracións, serían 10, vas a UNIT 3: GOING SHOPPING de EDIXGAL, e alí, antes de entrar no tema, tes unha TAREFA, para facer, é tan sinxela como que me escribas esas oracións e mas mandes.
3. Por último, prepara ben esas oracións de forma oral e gravate en FLIPGRID, pódelas ler, por suposto, non tes que sabelas de memoria. Busca a pronunciación das palabras e escoitaas antes de gravarte.
Ánimo, a ver como sae isto.
Tes ata o martes que ven para facer estas tres tarefas.
NOTA: Se non podes ir á páxina onde está o debuxo, no enlace (a min estame dando fallos) invéntate unha despensa ou nevera imaginaria.
AS ORACIÓNS DEBERAN EMPEZAR CON "THERE IS ..." OU "THERE ARE..." SE SON AFIRMATIVAS, CLARO.