WEDNESDAY, MAY 12TH, 2020. TRABALLANDO CO DICIONARIO.
Ola, a todos e todas en 4º de Primaria. Hoxe tedes un vídeo cunha canción de exercicio. Primeiro fan a actividade física lento (SLOW) e despois rápido (FAST).
As oracións están en “presente continuo” porque están falando no momento de facer a actividade. Así vedes que a acción, é dicir, o verbo principal da oración, está con “-ING”.
Esta canción vainos servir para traballar co dicionario que tedes ao principio do tema. Eu douvos a letra da canción cuns verbos suliñados, a eses verbos quitádelles “-ING” e despois buscádelos no dicionario. NOTA: No dicionario podedes cambiar de español a inglés, e de inglés a español.
Copiade os verbos na libreta nunha lista, e poñede o significado ao lado. Iso chámase “traducir”.
Entendedes agora mellor o que di? Ben, se non atopades as palabras no dicionario, non quero que vos preocupedes, practicade a canción escoitando o vídeo e xa está.