Introdución
O corpo humano e a saúde
1. Introdución
2. O aparato locomotor
3. O sistema muscular
4. O aparato circulatorio. A circulación sanguínea.
5. O aparato dixestivo. A nutrición
6. O aparato respiratorio. A respiración
7. O aparato excretor
8. A reprodución
9. Os śentidos
10. A saúde
1. Introdución
O corpo humano componse de cabeza, tronco e extremidades; os brazos son as extremidades superiores e as pernas as inferiores.
O noso corpo está organizado en diferentes niveis . Posúe máis de cincuenta billóns de células. Éstas agrúpanse en tecidos, os cales se organizan en órganos, e estes en oito aparellos ou sistemas: locomotor (muscular e óseo), respiratorio, dixestivo, excretor, circulatorio, endócrino, nervioso e reprodutor.
A auga é o principal compoñente do corpo humano, que posúe un 75 % de auga ao nacer e cerca do 70 % na idade adulta. Aproximadamente o 60% de dita auga encóntrase no interior das células e, o resto, circula no sangue e baña os tecidos. É imprescindíbel para a existencia do ser humano.
A anatomía humana é a ciencia dedicada ao estudo do corpo humano.
Historicamente tense constancia de que a anatomía era ensinada por Hipócrates no século IV a.C.