Bo día a todas e a todos,
Agardo que esteades ben! Quero transmitirvos dous avisos importantes.
Primeiro:
Xa tedes colgadas as tarefas para esta semana. Como repetín en varias ocasións, cada alumna ou alumno pode escoller que tarefas facer (reforzo ou ampliación) en base ao seu nivel de coñecemento sobre o tema. Toda a información sobre a realización das tarefas tédela no documento "Indicacións para a realización das tarefas telemáticas durante a corentena polo Covid-19". En cada tarefa tedes indicado o modo para poder entregala.
Segundo:
Acabo de colgar un documento moi importante na aula virtual sobre a terceira avaliación. Neste documento explícase como se calcula a nota media na avaliación ordinaria de xuño e as opcións que existen para recuperar avaliacións suspensas. Este documento atoparédelo no apartado da aula virtual titulado "IMPORTANTE! Indicacións para a realización das tarefas telemáticas durante a corentena polo Covid-19" co nome de "Información sobre a terceira avaliación". Nos próximos días esta información tamén estará dispoñible na web do centro.
Esta semana poñereime en contacto persoalmente a través do correo electrónico ou a canle de mensaxería da aula virtual con aquel alumnado que teña unha ou as dúas avaliacións suspensas para informarlle de como vai poder recuperar esta ou estas avaliacións concretamente.
Se tedes algunha dúbida podedes enviarme un correo a ireneportas@edu.xunta.es, PERO pídovos, por favor, que antes de escribirme leades atentamente toda a información que vos achego nestes documentos pois normalmente escribídesme preguntando cousas que xa están explicadas na aula virtual.
Saúde e moita forza!
Unha aperta moi grande,
Irene