Foro de novas

Vacacións

Vacacións

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
Ola!

Estou a poñer un curso de repaso para as vacacións. A ver se vos animades a entrar de vez en cando. Collín dos outros o que me pareceu máis importante e xunteino neste que se chama "Repaso vacacional".

Tamén metín algo novo.

E vou seguir con algo máis.

Claro que tamén podedes repasar polos de 4º e 3º, elixindo vós as actividades.

E unha nova que non vos dei: O curso que vén non vou estar no colexio. Voume retirar. Fostes o meu último grupo.

Bo verán!!!!