Calendario 5 e 6º

Para cubrir o calendario os pasos que seguimos son os seguintes:

  1. Sinalamos o día da semana.
  2. Baixamos o dedo ata o cadro onde temos que poder o día.
  3. Escribimos o número do día, se non o sabemos buscamos o último numero que recoñezamos e contamos de aí en diante ata a casiña que temos que cubrir.
  4. Escribimos a lapis poñendo atención no trazo e na direccionalidade do mesmo. Cando teñamos o número escrito correctamente repasámolo de negro se é día de semana e de vermello se foi fin de semana ou festivo.
  5. Para rematar facemos unha cruz ou coloreamos a casiña do tempo atmosférico.