Calendario 4º

Clicando no documento podedes descargar o calendario para cubrir.

Os pasos son os seguintes:

  • Sinalamos o día da semana.
  • Baixamos o dedo ata o cadro onde temos que poder o día.
  • Escribimos o número do día, se non o sabemos buscamos o último numero que recoñezamos e contamos de aí en diante ata a casiña que temos que cubrir. 
  • Escribimos a lapis poñendo atención no trazo e na direccionalidade do mesmo. Cando teñamos o número escrito correctamente repasámolo de negro se é día de semana e de vermello se foi fin de semana ou festivo.
  • Para rematar facemos unha cruz ou coloreamos a casiña do tempo atmosférico.